Mapa por concello e tipo
Arboreto Galego da Coruña, de especies autóctonas
ZEC Xubia Castro en San Sadurniño. Paseo fluvial polo Río Xubia
ZEC Xubia-Castro
A Zona de Especial Conservación (antes chamada LIC) Xubia-Castro é un espazo natural incluído desde o ano 2011 na Rede Natura 2000. Ten unha superficie total de 2.074 hectáreas que tocan os concellos de Narón, Neda, Moeche, As Somozas, A Capela e As Pontes, aínda que máis da metade da superficie (1.214 Ha.) son parte de San Sadurniño e supoñen o 12,16% do territorio municipal. A importancia deste LIC vén determinada polos doce tipos de hábitats descritos na zona, nos que entran bosques atlánticos, brañas, turbeiras, uceiras, lagos eutróficos e estanques temporais mediterráneos. A fauna de mamíferos aínda é a gran descoñecida deste espazo natural, malia que cabe sinalar a presenza regular de lontra (Lutra lutra), diversos quirópteros (como os morcegos de ferradura Rhinolophus ferrum-equinum e Rhinolophus hipposideros) e lebre ibérica (Lepus granatensis), e a abundancia de corzo (Capreolus capreolus), e xabaril (Sus scrofa). Ademais, no Forgoselo mantense unha importante cabana de cabalos e vacas que viven en semi-liberdade. Este tipo de gando atrae de forma periódica a lobos.
Tamén é posible atopar diversas aves. Entre as aves rapaces diúrnas están citadas o miñato abelleiro (Pernis apivorus), o azor (Accipiter gentilis), o gabián (Accipiter nisus), a gatafornela (Circus cyaneus), a tartaraña cincenta (Circus pygargus), o lagarteiro (Falco tinnunculus), o falcón pequeno (Falco subbuteo), e o falcón peregrino (Falco peregrinus). O merlo rieiro (Cinclus cinclus), a lavandeira real (Motacilla cinerea), e o picapeixe (Alcedo atthis), constitúen a avifauna máis característica dos leitos fluviais. As áreas de matogueira atlántica e campiña albergan unha gran variedade de aves terrestres, entre as que cabe sinalar a avenoiteira cincenta (Caprimulgus europaeus), a cotovía pequena (Lullula arborea), a pica das árbores (Anthus trivialis), a papuxa do mato (Sylvia undata), o picanzo vermello (Lanius collurio), e o escribente amarelo (Emberiza citrinella), como reprodutores, mentres que nos bosques e arboredos riparios están presentes os ferreiriños ou páridos (Parus spp.), e estreliñas listadas (Regulus ignicapillus), o cardeal (Pyrrhula pyrrhula), e o ouriolo (Oriolus oriolus), entre outras moitas especies.
Santo André de Barciela
Capela de San Roque
Capela da Virxe de Fátima
Capela da Virxe de Fátima situada no camiño de Santiago preto da igrexa parroquial de Goiriz, tamén do século XVI,e diante da construción conta cun cruceiro que data de 1803.
Ponte de Ferrocarril nos Peares
Lugar Peares 32440 A Peroxa, Ourense Os Peares.
Ponte do ferrocarril sobre o río Miño no punto onde conflúen as augas do encoro de San Pedro, procedentes do río Sil.