Mapa por ayuntamiento y tipo

Escolles Concello, Comarca ou Provincia

Municipality Trazo

Trazo

Trazo is a municipality of northwestern Spain in the province of A Coruña.

 

trazo 1 Rafael Baltar e Bartolomé Argüelles, Trazo 1975

 


Casa do Concello

Viaño Pequeño, 14. 15687 Trazo (A Coruña) Teléfono 981-689001 / Fax 981-689035 correo-e correo@concellodetrazo.es, alcaldia@trazo.dicoruna.es

Datos 2019

Alcaldesa Suárez López, Josefina (PP)

2019 Censo: 3148 Superficie (km2) 101.4 Entidades de poboación 119

Galipedia


Web do concello

Concello, Comarca ou Provincia

Millares

Desde o Miradoiro do Castro, camiño do Miradoiro de Mostaz, atópase Millares pero merece a pena pararse antes de chegar á aldea.

As imaxes mostran elementos relacionados coa chamada Formación de Cándana, unha unidade estratigráfica que conforma zonas xeolóxicas situadas ao NO e N da península ibérica e que se sitúa no precámbrico ou cámbrico inferior pois, polas súas características, non ten bos fósiles que axuden a datar.

Neste punto podemos apreciar aspectos relacionados coa convivencia das cuarcitas e lousas coas calizas de Cándana, rochas calcarias que se atopan aquí en forma de lentellóns (zonas brancas no mapa xeolóxico).  Estas rochas están compostas basicamente de  caliza -carbonato de calcio (CaCO3)-.

Así, nesta zona están presentes os fenómenos cársticos (termo que provén de Carso/Karst, unha rexión de Eslovenia onde abundan e foron estudadas estas formas) producidos polo fluxo de auga subterránea, auga da chuvia que contén CO2 en disolución  -ácido carbónico (H₂CO₃)- e que provoca a disolución das rochas calcarias, sedimentación fluvial, caída de rochas e precipitación do espeleotema (do grego  spelaion, cova, y thema, depósito), denominación formal para o que comunmente se coñece como «formacións das cavidades» e que se refire a depósitos minerais secundarios como estalagmitas, estalactitas, columnas…

Tamén se aprecia na paisaxe unha sima. O fenómeno cárstico  produce un tipo especial de depresión xeolóxica, un val denominado dolina, pero se aumenta considerablemente a cova interior e colapsa o teito dá lugar a unha cavidade que se abre ao exterior, unha sima.

Asociado con isto temos os coluvións os depósitos de ladeira orientados a favor da pendente e formados por anacos de rocha mesturados con arxila, o que os fai inestables e desprazables pendente abaixo coa auga de chuvia.  Estes materiais son os responsables de moitas das problemáticas cando se constrúen novas vías de comunicación cando non son detectados por un estudo xeolóxico en condicións, tal e como sucedeu na A8 no seu paso polo Fiouco. Lembremos que aí temos cerca a formación cárstica a Cova do Rei Centolo. 

Concello, Comarca ou Provincia

Estación de Curtis

A Estación de Curtis ten un papel fundamental na vida de Curtis nos últimos cen anos. Coñecida por todos os viaxeiros cara a Coruña. De tal modo que o Ilga propuxo denominar Estación ao Concello de Curtis. O que provocou unha rebelión popular quer restaurou o nome celta.

Concello, Comarca ou Provincia

ZEC Xubia Castro en San Sadurniño. Paseo fluvial polo Río Xubia

ZEC Xubia-Castro
A Zona de Especial Conservación (antes chamada LIC) Xubia-Castro é un espazo natural incluído desde o ano 2011 na Rede Natura 2000. Ten unha superficie total de 2.074 hectáreas que tocan os concellos de Narón, Neda, Moeche, As Somozas, A Capela e As Pontes, aínda que máis da metade da superficie (1.214 Ha.) son parte de San Sadurniño e supoñen o 12,16% do territorio municipal. A importancia deste LIC vén determinada polos doce tipos de hábitats descritos na zona, nos que entran bosques atlánticos, brañas, turbeiras, uceiras, lagos eutróficos e estanques temporais mediterráneos. A fauna de mamíferos aínda é a gran descoñecida deste espazo natural, malia que cabe sinalar a presenza regular de lontra (Lutra lutra), diversos quirópteros (como os morcegos de ferradura Rhinolophus ferrum-equinum e Rhinolophus hipposideros) e lebre ibérica (Lepus granatensis), e a abundancia de corzo (Capreolus capreolus), e xabaril (Sus scrofa). Ademais, no Forgoselo mantense unha importante cabana de cabalos e vacas que viven en semi-liberdade. Este tipo de gando atrae de forma periódica a lobos.

Tamén é posible atopar diversas aves. Entre as aves rapaces diúrnas están citadas o miñato abelleiro (Pernis apivorus), o azor (Accipiter gentilis), o gabián (Accipiter nisus), a gatafornela (Circus cyaneus), a tartaraña cincenta (Circus pygargus), o lagarteiro (Falco tinnunculus), o falcón pequeno (Falco subbuteo), e o falcón peregrino (Falco peregrinus). O merlo rieiro (Cinclus cinclus), a lavandeira real (Motacilla cinerea), e o picapeixe (Alcedo atthis), constitúen a avifauna máis característica dos leitos fluviais. As áreas de matogueira atlántica e campiña albergan unha gran variedade de aves terrestres, entre as que cabe sinalar a avenoiteira cincenta (Caprimulgus europaeus), a cotovía pequena (Lullula arborea), a pica das árbores (Anthus trivialis), a papuxa do mato (Sylvia undata), o picanzo vermello (Lanius collurio), e o escribente amarelo (Emberiza citrinella), como reprodutores, mentres que nos bosques e arboredos riparios están presentes os ferreiriños ou páridos (Parus spp.), e estreliñas listadas (Regulus ignicapillus), o cardeal (Pyrrhula pyrrhula), e o ouriolo (Oriolus oriolus), entre outras moitas especies.

Da páxina do Concello

Concello, Comarca ou Provincia