Mapa por ayuntamiento y tipo
Os Mártires de Carral
En abril de 1846, tralo levantamento contra o presidente do goberno español Narváez, Miguel Solís, Coronel do Estado Maior da Capitanía Xeneral de Galicia proclamou unha Xunta de Goberno de Galicia en contra do goberno de Isabel II. O 23 de abril Solís foi capturado, sendo previsto que fosen xulgados na Coruña. Porén, el e os seus homes foron fusilados tras un falso xuízo en Carral o día 26.
A Liga Galega da Coruña toma a iniciativa de levantar un monumento en memoria dos Mártires de Carral, colocándose a primeira pedra o 23 de abril de 1899, inaugurándose o monumento o 22 de maio de 1904 co lema "Aos mártires da liberdade mortos o 26 de abril de 1846. Liga Gallega na Cruña" e cunha placa cos nomes dos oficiais executados.
Parroquia de Proendos
Proendos
Santa María de Proendos é unha parroquia do concello de Sober, na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo.
Esta parroquia ten una grande relevancia arqueolóxica, pola importancia en cantidade e calidade dos petróglifos que xa ten inventariados -aos que se dedica un punto a parte- e polos restos romanos que afloran e que se constataron mediante xeorradar no 2019. Tamén se suman os de época medieval e posterior.
De un entramado urbano complexo na parroquia. A igrexa está edificada sobre restos da época romana pero detéctase unha vila romana, que se data desde o século III a. C. ata finais IV-principios V d. C., restos aprox. en 1 km de extensión que abarcarían desde Proendos, ata as casas de Vilastrille e a calzada de Pedride. Orograficamente esta é unha planicie un pouco elevada.
Preto da igrexa de Proendos, o estudo de Vázquez Seijas sobre unhas catas arqueolóxicas, delimita unha zona onde se pensa que había un hipocausto.
Necrópole medieval de Proendos
1 Restos de tégulas romanas
2 casas
3 Bimbastro para sacar auga do pozo
Trátase dun artiluxio de construción moi sinxela, de funcionamento moi simple e que permite subir unha considerable cantidade de auga cun mínimo esforzo.
En realidade é unha panca para extraer auga, cun contrapeso nun extremo e unha corda ou cadea no outro, onde se engancha o caldeiro.
https://gl.wikipedia.org/wiki/Camb%C3%B3n
4 árbores e vexetación autóctona
Igrexa de San Martiño de Doade
Igrexa de San Martiño de Doade
Parroquia de San Martiño de Doade, concello de Sober
Desde o século XIII hai constancia do aforamento de viñas do monasterio de San Vicente do Pino de Monforte na ribeira na parroquia de Doade.
Móstrase adega, cruceiro e capela no Lugar de Vilachá
Adega cruceiro capela 27425, Lugo 42.417554, -7.504139
Casa Grande de Vilastrille
Casa Grande de Vilastrille. Lugar da parroquia de Proendos (Sober)
Casa brasonada que data do 1692. Feita por Feijoo Soutomayor pasou a ser a casa dos Méndez e nela residen membros desta familia.
Área recreativa do Muíño de Congostro de Aranga
Fervenza de Rus
Fervenza de Rus
Ademais, produto da falla meridiana que separa as parroquias de Rus e Entrecruces xorde un salto de auga duns trinta metros formado no río da Férvida. Esta forte corrente de auga deslízase por un chan de gabros, rochas de gran dureza e difícil erosión. Trátase da chamada Férveda de Rus, que a pesar de non contar cun gran desnivel, vai baixando de forma sinuosa pola canle do río.











.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)

















































