Obxectivos e medios

A Carta Xeométrica de Galicia de Domingo Fontán introduciu de modo inequívoco a Galicia nas vantaxes do uso da ciencia na vida cotiá dun país. Por primeira vez tiñamos un exemplo de como o uso masivo das matemáticas daba por resultado un mapa fiable do país. Feito ademais, por un só home.

Para dar unha idea da precisión con que foi elaborada xa é posible localizar a túa casa no mapa de Domingo Fontán.

A Xunta incorpora a Carta Xeométrica ao seu visor de información xeográfica, elaborado polo Instituto de Estudos do Territorio