Bar París

TEXTO: DEIROS/ M. ÁNGEL. A foto antiga foi tomada a finais dos anos setenta; podemos observar que o Bar París ten o mesmo aspecto que hoxe. Houbo un accidente importante, sen vítimas: un Seat 850 empotrouse no bar, algo habitual daquela na carretera xeral. Na imaxe saen numerosos curiosos, algúns coñecidos veciños de Becerreá. O bar París levaba apenas un mes aberto polos mesmos donos que tiñan antes unha mercería, rexentada pola señora Maruxa. A causa de aquel accidente, os propietarios modificaron a entrada e o escaparate: na foto antiga vese que a porta estaba a un lado (esquerda da imaxe), e ó outro estaba o escaparate. Hoxe, a porta está no centro cunha ventá a cada lado. O edificio situado á dereita da imaxe, entón albergaba o Banco Central no seu baixo; posteriormente foi a Alacena Galega, e hoxe, é un edificio de vivendas propiedade do Bar París. Á esquerda da imaxe vese un trozo do "Bar Piélago" (pechado xa hai anos).

bar parís hoxe

FOTO: FRAN/JAVI C./SANTÍN. Bar París hoxe, coa porta no centro da entrada.

bar parís antaño

FOTO: COLECCIÓN CONCELLO.  O accidente tivo lugar a finais dos setenta, cando o Bar París apenas levaba un mes aberto.

Bar París

Concello, Comarca ou Provincia