Castelo da Frouxeira

Tamén chamado castelo da Frouseira, está situado no municipio de Foz. Atópase sobre unha protuberancia rochosa cun amplo dominio visual da ría de Foz, foi destruído polos Reis Católicos tras a morte do Mariscal Pardo de Cela. Na actualidade, consérvase a base dos muros que formaban a torre da homenaxe e un foso circular. Dende a cima, pódese gozar dunha marabillosa vista de todo o litoral occidental lucense, así como a sorprendente estampa do Val do Ouro.
Esta fortaleza sufriu graves danos durante a Revolta Irmandiña e foi reconstruída. Con todo o asedio pola parte das tropas reais do Gobernador Fernando de Acuña, supuxo a súa destrución definitiva.

Para saber mais:

Castelo da Frouxeira

No mapa

Castelo da Frouxeira

Concello, Comarca ou Provincia