A Fisterra

MODESTO FRAGA
Lugar: Ermida de san Guillerme

Por anagrama levas a senda do erotismo
debuxado. No horizonte a imaxe do teu pobo:
dous fermosos seos de muller  tralos penedos
que esconden a verdade de tanta lenda viva.

Orcavella. A lenda das lendas esquecidas
que dorme no cumio, alén onde remata o Facho.
A de San Guillerme, Ara Solis e tantas outras
que levan de anagrama a senda do erotismo.

A de cidades como Dugium, terra dos pagáns,
asolagada polos mares e condenada
a ficar baixo terra pola súa teima ao mal.
Por anagrama, tamén a senda do erotismo.

Dende o Cabalo de ouro, soterrado nalgures,
até as máis fecundas lendas do culto a Venus:
din por acá os máis novos, que contan os máis vellos,
que levan de anagrama a senda do erotismo.

(De Mar de ausencias, 1999)
 

Modesto Fraga

Fisterra
No mapa
Concello, Comarca ou Provincia
Tipoloxía