a televisión

MARÍA LADO
Lugar: Afundimento do Casón. Na Punta do Castelo. Praia do Rostro

a televisión está agora no sitio onde tiñamos a alegría da radio
puxéstema ti porque dis que así
  mentres meto  ás agachadas
  a cabeza no balde amediado de auga
podo sentir o número de baixas doutras guerras e ás veces
os mozos que pasan coas botas negras entre eles
pero eu xa son vella
miña avoa di que teño nome de vella
cando eu era pequena non tiñamos televisión
e proxectabamos nas paredes el patito feo
e la vida del pájaro carpintero
o ano que mercamos a televisión
fixo un temporal como non se recorda
chegou un barco de bidóns tóxicos á costa
e saímos na nosa televisión  na nosa propia  por iso
e era día da festa  e soubemos
que o aire dun lóstrego matara a única filla de miña avoa
   luz divina
algunhas noites tamén iamos á lacena da pastelería
e comiamos os fideos de chocolate cos que adornan os bolos
  ás agachadas   como eu fago no balde
miña avoa chamábame polo baixo luz divina
pero meus pais non mo quixeron pór.

(De Casa atlántica, casa cabaret, 2001)

Castromiñán

María Lado

a televisión

Concello, Comarca ou Provincia
Tipoloxía