Cemiterio Vello de Mondoñedo

Tumba de Álvaro Cunqueiro: "Eiquí xaz alguén que coa súa obra fixo que Galicia durase mil primaveras máis"

Manuel Leiras Pulpeiro. Poeta, médico, lexicógrafo, etnógrafo, político progresista e republicano, patriota, masón, filántropo, humanista, foi coñecido como o “médico dos pobres”

2 fotos: No Cemiterio Vello, na parte civil, pola súa condición de masón Tumba de Manuel Leiras Pulpeiro. Poema de Leiras Pulpeiro a carón da súa tumba da súa autoría (ver texto a continuación Se cando me fine…).

http://academia.gal/figuras-homenaxeadas/-/journal_content/56_INSTANCE_8klA/10157/27947

http://cadernodeantonioreigosa.eu/2015/10/dietario-de-mondonedo-25-de-outubro-de-1854/ poema musicado.

dous poemas:

Se cando me fine, as campás…

Se cando me fine, as campás
do meu lugar non me choran;
se, onde os meus, achegadiña
non abren logo, a miña cova,
e enriba dela non poñen
roseiras de rosas roxas,
ben roxas, como as que eu coido
con amor na miña horta;
que non me chamen para o ceo,
que non vou, non sendo á forza,
sen botarme antes, de noite,
pola aldea de riola,
ata que comigo pegue
quen me requira e me ouza
e faga tanguer as campás;
e que, onde quero, me poñan,
e, despois ao pé meu teña
roseiras de rosas roxas.

 

Cantares Gallegos

Versos 1-44.

Todos me dicen que espío,

Que logo me leva o aire;

Y-a culpa tenma un nubeiro

Que se me puxo por diante.

 

Con me casar como quixen,

E tel-o ceio n-a casa,

N'hay noite que non me acorde

D'as noites de muiñada.

 

¡Dios che pague a tua esmola,

Cariña de repinaldo!

Non che coidei que tiveses

Corazonciño tan brando.

 

Anque che son d'a Montaña,

Andoche ben limpa e fresca;

Que, anque che son d'a Montaña,

Non che son d'as carrachentas.

 

Non se acanea unha folla;

Todo esta noite está calmo;

¡Ai, quén poidera decire,

Co-a mau n-o peito, outro tanto!

 

¡Quén fora reichiño ruibo

Pra cantar n'a tua figueira,

Pra non salir do teu horto,

Y-aniñar n-a tua silveira!

 

Como te ves con camisa,

Xa coidas qu'eres grandeza;

Non sal o toxo de toxo

Por froleado que esteña.

 

Non quero a vida d'a vila,

Anque folgada m'a dean;

Quero ir e vir pol-os pousos

O sol y ô aire n-a aldea.

 

Váite, barruzo, que veño

Co-a miña mantela nova;

Váite, barruzo, d'a festa,

Que quero dar catro voltas,

 

Queren que queira un toupizo,

Con cara e corpo de cepo;

Y-eu busco moza galana,

E de corpiño bringuelo.

 

Mentras n'apadrel-o neno,

Farruco, non che perdono;

Non che perdono ¡así morras!

Xa que dixeche qu'é d'outro.

 

[...]

 

Tumba de Leiras Pulpeiro

Poema de Leiras Pulpeiro

En Memoria dos veciños asasinados en Ribadeo. Unha foto placa homenaxe no cementerio vello de Mondoñedo a sete veciños de Ribadeo e Viveiro que foron represaliados en 1936.

http://www.blogoteca.com/doural/index.php?cod=88922

Panteón de Pascual Veiga

Cemiterio Vello de Mondoñedo

Cemiterio Vello de Mondoñedo

Concello, Comarca ou Provincia