Casas Museo

Fundación Xosé Neira Vilas

Desta Terra
Auga pedra, sol e vento,
aquí a ledicia é tanta
que todo rebule e canta
e o Ulla vaise contento.
Teño nesta terra asento
e un sentimento profundo,
un amor vivo e rotundo
polo val onde nacín,
levo a Gres dentro de min,
son deste anaco do mundo.

Xosé Neira Vilas

Homenaxe a Xosé Neira Vilas
o escritor na súa terra.
Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG)
Gres- Vila de Cruces
18 de setembro de 1990

 

Concello, Comarca ou Provincia

Casa Museo de Manuel María

Outeiro de Rei (Rúa F, nº 2), por tras da Casa do Concello.

Web da Casa Museo

Manuel María na wikipedia

Placa de Manuel María na Praza Maior de Lugo:

 Sen metafísica poética digo o meu mensaxe:
 vivide.
 Sen berros que cheguen ás entrañas:
 vivide. Vivir sempre.
 Vivir agora, denantes e despois.

De Sonetos á Casa de Hortas:


Non hai no mundo ser tan desolado,
compañeiro da rosa ruborosa e
solidario irmao do desgraciado.
Eu nacín nunha casa moi fermosa e,
nela, deixei o meu pasado,
o tempo da nenez, o soñó ousado
e a miña adolescencia tormentosa.
A claridade volvéuseme foscor
malia vivir en min o grande encanto
da casa patrucial que quero tanto.
Eu son, amiga, feliz co teu amor
e co gozo sinxelo deste canto
que purifica e sublima a miña dor.

 

Eu, que ía p'ra morgado ou vinculeiro,
da grande e vella casa de labranza
perdín -cousas da vida- tal herdanza,
que o destino marcoume outro roteiro.
E convertinme case en estranxeiro,
nun excluido da fe e da esperanza,
do que moito se esforza e non alcanza
a condición auténtica de herdeiro.
Usei o tempo, teimudo e ilusionado,
na procura do lugar máis axeitado
para vivir a vida verdadeira...
E todo inútil. Non din enraizado.
Grazas a ti, Saleta, compañeira,

Como a propia novacarta.eu, Manuel María era un namorado da Carta Xeométrica de Domingo Fontán e así a tiña entre as súas pertenzas.

Concello, Comarca ou Provincia