Arquitectura de vangarda

Museo de Arte Sacro da Colexiata

Galego

English

Castellano

Français

Deutsch

Portugués

Italiano

Puerta de Aires, 23 15001 A Coruña (A Coruña)

O museo ocupa as dependencias dun pequeno edificio de nova planta, obra do arquitecto Gallego Jorreto, integrándose no entorno próximo da Colexiata medieval de Santa María. Trátase dun museo monográfico, que acolle unha colección de obxectos de prata moi diversos destinados ao culto litúrxico da Colexiata, unha mostra de ourivería de diferentes escolas, épocas e países entre o século XVI e o século XX.

Museos de Galicia

Concello, Comarca ou Provincia

Museo do Mar

O Museo do Mar de Galicia

O Museo do Mar de Galicia é un centro cultural e científico dedicado ao mar, inaugurado en xuño do 2002 situado na Punta do Muíño, na parroquia viguesa de Alcabre

O Museo do Mar de Galicia está emprazado na vella fábrica de conservas Alcabre-Molino de Viento (1887) en Vigo. A renovación da obra arquitectónica é encargada nun primeiro momento a equipa de Aldo Rossi e César Portela; unha vez finado Rossi, as obras rematan no ano 2002, baixo a dirección e a revisión do proxecto orixinal a cargo de César Portela. O edificio resultante mestura vangarda e tradición, formado por un conxunto de cinco naves rehabilitadas, un edificio de nova construción tamén de cinco naves, e a prolongación dun peirao preexistente onde se empraza un acuario e un faro. 

Fai un percorrido detallado da evolución da industria pesqueira galega: pesca, conservación e comercialización de moluscos, sardiña e pescada. Outra parte do museo mostra a pesca en xeral e as condicións oceanográficas e biolóxicas que explican a distribución das especies. Está construído nun contorno natural, que integra edificios e espazos ó aire libre abertos ó mar.

Galego

Museos de Galicia

Avda. Atlántida, 160 36208 Vigo (Pontevedra)

Web do museo

Wikipedia

Oceanografía 3d

Galicia Mare Nostrum 3d

Mundo submarino 3d

Pesca en Galicia 3d

Concello, Comarca ou Provincia

Verbum. Casa das Palabras de Vigo

Galego

English

Castellano

Français

Deutsch

Portugués

Italiano

Avda. Samil, 17 36212 Vigo (Pontevedra)

Museo interactivo relacionado coa palabra e a comunicación humana, organizado en catro grandes bloques: linguaxe e comunicación, literatura, ciencias e tecnoloxía. Permite coñecer e experimentar coa lingua, os idiomas, as letras, sons, vista, oído, lectura e escritura etc. mediante 29 cubos –tantos como as letras do alfabeto- de distinto carácter interrelacionados.

Concello, Comarca ou Provincia