Carballo

Capela de San Paio

Capela de San Paio

De entre tódolos ecosistemas de interior salienta na parroquia de Entrecruces a chamada férveda de Entrecruces, próxima á capela de San Paio, na que o abondoso caudal do río Outón (especialmente no inverno e na primavera) se precipita dende unha altura de máis de corenta metros, formando un cachón de escuma e auga que, antes de chegar ao fondo, rompe en dous para abrazar a rocha negra do leito do río. Nas proximidades da fervenza aínda poden verse os restos de antigos muíños de auga, e mesmo dunha pequena central hidroeléctrica que abasteceu o concello tempo atrás, a partir de 1915. No treito de camiño que vai dende San Paio ata a fervenza pola beira do río Outón, é posible observar o típico bosque de ribeira con abundantes ameneiros, salgueiros, freixos, estripos, abeleiras e loureiros, entre outras especies.

Concello, Comarca ou Provincia

Fervenza de Rus

Fervenza de Rus

Ademais, produto da falla meridiana que separa as parroquias de Rus e Entrecruces xorde un salto de auga duns trinta metros formado no río da Férvida. Esta forte corrente de auga deslízase por un chan de gabros, rochas de gran dureza e difícil erosión. Trátase da chamada Férveda de Rus, que a pesar de non contar cun gran desnivel, vai baixando de forma sinuosa pola canle do río.

Concello, Comarca ou Provincia

Fervenza de San Paio

Fervenza de San Paio

A fervenza de Entrecruces, tamén coñecida como salto da Férveda, férveda de Sampaio ou fervenza de San Paio, está situada parroquia de Entrecruces (Carballo) no río Outón, preto da súa desembocadura no río Grande.

Galipedia

Concello, Comarca ou Provincia