A Fonsagrada

Museo Etnográfico da Fonsagrada

Galego

English

Castellano

Français

Deutsch

Portugués

Italiano

 

Fundado no ano 1984 por un padroado formado por veciños da Fonsagrada e do que na actualidade forman parte o Concello e os centros de educación primaria e secundaria, o museo ten pezas de etnografía, de arqueoloxía e de arte contemporánea.

Museo Comarcal da Fonsagrada (Museos de Galicia)

Web oficial do museo

Museo etnográfico que mostra ferramentas agrícolas, domésticas e de distintos oficios tradicionais. Conta tamén cunha reprodución dunha forxa, unha adega e unha lareira e, nunha sección de arquitectura popular, distintas maquetas, planos e fotografías de vivendas e outras construcións tradicionais. O museo tamén mostra restos arqueolóxicos (das épocas castrexa e romana) e pezas de escultura contemporánea (Ignacio Basallo, Manolo Paz, Fernando Villapol etc.).

Praza do museo, nº s/n 27100 A Fonsagrada (Lugo)

Museo Etnográfico da Fonsagrada

Concello, Comarca ou Provincia

Concello da Fonsagrada

A Fonsagrada 

A Fonsagrada é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Fonsagrada, da que é capital.

A Fonsagrada


Casa do Concello

Buron, 12. 27100 Fonsagrada (A) (Lugo) Teléfono 982-340000 / Fax 982-340001 correo-e concello.afonsagrada@eidolocal.es

Datos 2019

Alcalde López López, Carlos (PSOE)

2019 Censo: 3589 Superficie (km2) 438.4 Entidades de poboación 278

Galipedia

Web do concello

 

Concello, Comarca ou Provincia

Seimeiras do Queixoiro

Seimeiras do Queixoiro. Lugar Queixoiro, parroquia da Bastida no concello de A Fonsagrada. No percorrido circular que se sinala nos taboleiros atópanse dúas seimeiras e unha área de descanso polas que percorre o rego do Queixoeiro, afluente do río Rodil que, á súa vez. desemboca no Eo. A auga e a vexetación de ribeira e os soutos con castiñeiros antigos depárannos fermosas imaxes. As imaxes do video corresponden ao mes de agosto polo que se pode imaxinar a exhuberancia e o maior caudal que se poderán contemplar no inverno e na primaveira.

27112 Queixoiro, Lugo

Concello, Comarca ou Provincia