Proxectos

Submitted byadmin onQui, 05/18/2017 - 16:24

Neste ano 2018 propoñemos as ideas seguintes:

O patrimonio cultural europeo
Desde Igaciencia promovemos o ano do patrimonio cultural europeo, facendo espececial incidencia na cultura científica  como patrimonio cultural europeo. Propoñemos a Arquímedes como científico europeo.
Para iso continuaremos con novacarta.eu que, a día de hoxe -febreiro 2018- e despois dun ano-, xa conta con 8000 puntos de interese galegos, 4000 fotos, e miles de referencias.
Este ano, brindamos a colaboración unicamente a través do profesorado e preferiblemente obtendo fotografías para complementar os puntos que xa ten novacarta. Así non necesitades engadir a xeolocalización, senón citar o número de nodo do  lugar.
Tamén se agrandou o uso de novacarta.eu como ferramenta na clase. Xa é posible saber que puntos de interese hai arredor dun centro e podedes tirar fotos deses lugares. Exemplo:
Imos ao menu proximidade (á dereita). No enderezo poñemos o centro e localidade, por exemplo cpi de Guntín. Pinchamos no enderezo que presenta o programa e no botón "Calculate proximity"  o espazo se nos enche de puntos de interese  a coñecer e visitar.
Pinchando en cada un dos marcadores temos as coordenadas e incluso obtemos indicacións para ir ao lugar, "Como chegar desde a nosa posición" en google.

Que se gaña? Cada 10 puntos referenciados en Google Maps que enviedes ( e sen foto) podedes escoller unha das 10 publicacións de Igaciencia http://igaciencia.eu/?q=tags/revistas-de-igaciencia

Tamén co móbil podemos sacar fotos do lugar e darllelas á/o profesor/a engadíndolle indicacións como: son da Casa de Pena da Merla (por exemplo), nº2736, xa que aparece este enderezo web http://novacarta.eu/gl/node/2736 Iso é todo E pode facerse con varios puntos. De paso podedes investigar por que Turismo de Galicia o colocou como punto de Interese. Ver que pon a wikipedia galega dese lugar (se o pon), etc. E saber un pouco máis da contorna.

 

Estas foron ideas para o ano 2017

Trataremos aquí de dar ideas do que e posible facer  (moitas delas como proxecto propio) para colaborar no proxecto nova carta:

  • Concursar nunha ou varias das 40 modalidades deste ano.
  • Facer unha obra de arte que poneremos permanentemente no menú por exemplo seguindo os pasos do folleto de turismo do Concello de Ferrol sobre o modernismo en Ferrol, escanéalo e tiras as 20 fotografias ou mais das 20 casas modernistas de Ferrol coa súa correspondente latitude /lonxitude despois colocas os textos e as fotografías dun xeito artístico e xa tes a túa páxina en novacarta sobre o modernismo; que dicir se ademais coñeces a fondo o tema e fas unha monografia sobre ese tema.
  • Ides aos Ancares e fotografíades e localizades os bosques de faias que hai ali.
  • Describes as árbores dun parque de Galicia por exemplo do parque Rosalía de Castro de Lugo de modo que se poida seguir polo móbil posteriormente un percorrido polas árbores do parque. Poñerémolo como unha entrada do menú permanente.
  • Optas a foto da semana ou mes, ao vídeo do mes que poñeremos nun recuncho especial.
  • Descobres unha especie ameazada nun lugar para protexela e nolo contades.
  •  Denuncias o lixo e o feismo para que se corrixa pola autoridade competente.
  • Colaboras na revisión da coherencia dos datos recibidos.
  • Facedes 200 entradas e invitámosvos a revisalas e melloralas ou ben o solicitas porque queres facer algunha especial.
  • Astronomia e os lugares onde a astronomia e relevante saídas do sol no solsticio de inverno de verán, no equinoccio de primavera ou no 1º de febreiro en certas igrexas ou monumentos megalíticos.
  • Tes unha colección de fotos do románico na Ribeira Sacra e montamos con elas unha rota do románico para complementar a xeolocalización que xa fixemos.
  • Segues o folleto turístico do mapa literario de Compostela e xeolocalizas as 23 posicións del por exemplo a M de Alejandro Pérez Lugín e a súa casa de la Troya e pos un extracto da obra en texto, A F de Uxío Novoneyra na praza da Quintana; a P de Federico Garcia Lorca na mesma praza e un dos seus poemas galegos; a Méndez Ferrín na posición Q no mosteiro de San Francisco e un texto de  Retorno a Tagen Ata  etc ou ben
  • Creas o teu propio mapa literario na tua vila ou cidade.