Arteixo
Concello de Arteixo
Concello de Arteixo: Portada
Casa do Concello
Praza Alcalde Ramón Dopico, Nº1. 15142 Arteixo (A Coruña) Teléfono 981-600009 / Fax 981-601912 correo-e alcaldia@arteixo.org
Datos 2019
Alcalde Calvelo Martínez, José Carlos (PP)
2019 Censo: 31917 Superficie (km2) 93.4 Entidades de poboación 121
Galipedia
Web do concello
Igrexa de San Pedro de Sorrizo
Praia glaciar ou coluvión?
Unha praia produto dun glaciar ou coluvión?
En palabras de Fran Canosa, experto xeólogo, na zona non debería haber glaciares e si pode haber coluvións. Na wikipedia dise que "Os procesos de alteración mecánica e meteorización química das rochas, determinan a formación dun manto de alteración ou eluvión que, cando pola acción dos mecanismos de transporte de ladeiras, é desprazado da súa posición de orixe, denomínase coluvión. Sobre os materiais do coluvión, pode desenvolverse o que comunmente se coñece como solo; o solo é o resultado da dinámica física, química e biolóxica dos materiais alterados do coluvión, orixinándose no seu seo unha diferenciación vertical en niveis horizontais ou horizontes. Nestes procesos, os de carácter biolóxico e bioquímico chegan a adquirir unha grande importancia, xa sexa pola descomposición dos produtos vexetais e o seu metabolismo, polos microorganismos e os animais zapadores."
Na praia do lado vense sedimentos glaciares ou de coluvión
Sabón
Repibelo
Rectoral de Sorrizo
15144 Arteixo (A Coruña)



















































