Cospeito
Centro de Interpretación da Lagoa de Cospeito
Concello Cospeito
Cospeito é un concello da provincia de Lugo, pertence á Terra Chá.
Casa do Concello
Avda. da Terra Chá, 29. 27377 Feira do Monte (Lugo) Teléfono 982-520001 / Fax 982-520102 correo-e concellodecospeito@concellodecospeito.es
Datos 2019
Alcalde Castosa Alvariño, Armasto (PP)
2019 Censo: 4596 Superficie (km2) 144.8 Entidades de poboación 209
Galipedia
Web do concello
Torre de Caldaloba
Torre de Caldaloba Lugar a Rabada, 12A, 27375, Lugo
A torre de Caldaloba, tamén coñecida como castelo de Vilaxoán, é unha fortaleza de orixe medieval situada na parroquia de Pino, no concello de Cospeito
A torre da homenaxe é o único que se conserva da fortaleza medieval do século XV. Está asentada nunha rocha cortada a pico polo seu ángulo nordeste e defendida por catro profundos foxos, que aínda hoxe se conservan.
Mantense erguida a torre de planta cuadrangular e construída a base de mampostería de pizarra con algún cachote de granito. Ten 10,2 m de lado nunha altura de máis de 30 m e un espesor nos muros de 2,65 m.
As catro plantas das que constou dedúcense das pegadas que presentan os paramentos interiores. Saeteiras e vans en forma de arco defendían e daban luz ó seu interior. Ata nós chegou parte dunha almeaxe voada que a coroaría na súa parte superior da Torre. Apunta D. Ángel del Castillo que a súa techume era de bóveda de canón recorrida por arcos faxóns que a reforzarían.
A historia vincúlaa ao Mariscal Pardo de Cela, que a recibe en propiedade polo seu casamento con Dona Isabel de Castro e Osorio.
Durante o levantamento popular dos Irmandiños, nesta fortaleza resistiron dona Constanza e Fernán Ares de Saavedra, filla e xenro respectivamente do axustizado Pardo de Cela. Tratábase do último reduto da nobreza galega que ofreceu resistencia á centralizadora política de Castela, establecida polos Reis Católicos. (Panel situado na ruta cara a Torre)
Declarada BIC en 1994, atópase en estado de ruína progresiva.
Lagoa de Cospeito
Estabas queda á tardiña
¡O sol reflexaba en ti
tódalas cores que tiña!
Ó chegar as Primaveiras
¡as oucas con flores brancas
a engalanarche as ribeiras!
Eras vidro quedo e verde.
¡En ti sonaban os sinos
de Lucerna e de Valverde!
Miña, Lagoa de Cospeito:
¡has vir comigo, metida
no máis fondo do meu peito!
Manuel María
Lembranza da Lagoa de Cospeito
http://www.ibader.org/archivos/docs/a_lagoa_de_cospeito.pdf
http://www.casamuseomanuelmaria.gal/upload/user/ruta-lagoa-de-cospeito.pdf
Terras do Miño
Ponte do Porto
Pazo de Sistallo
27377 Cospeito (Lugo)
Pazo de Sistallo (Patrimonio)

























