Viveiro

Concello Viveiro

Viveiro

Viveiro é un concello e unha cidade, situada na provincia de Lugo, na comunidade autónoma de Galicia.

Casa do Concello

Praza Maior, 1. 27850 Viveiro (Lugo) Teléfono 982-560128 / Fax 982-561147 correo-e concello@viveiro.es, info@viveiro.es

Datos 2019

Alcaldesa Loureiro García, María (PSOE)

2019 Censo: 15510 Superficie (km2) 109.3 Entidades de poboación 246

Galipedia

Web do concello

Concello, Comarca ou Provincia

A Cova da Doncela

A cova da doncela (forno dos mouros ou cova do encanto) está situada nun cantil na entrada da ría de Viveiro, entre a Punta do Cabalo e a Punta da Insua que, á súa vez, dá paso á praia da Abrela. Pódese acceder a ela desde terra por un estreito pasadizo inicial que se abre a unha cámara que abre directamente ao cantil. Segundo a lenda, unha fermosa doncela de cabelos louros baixa ao cantil na noite de San Xoán a bañarse e peitearse cun peite de ouro e brillantes. Xa que non é unha cova natural, fálase dos posibles usos para os que foi construída: explotación mineira -non parece probable por non ter atopado trazas de minerais-, uso defensivo da ría?, de agochamento de alixos dos piratas ou contrabandistas?...

27861 Viveiro, Lugo

Concello, Comarca ou Provincia