Becerreá

Igrexa do Santo: hoxe/antano

TEXTO: ELISA PARDO MERLÁN. Igrexa romànica do século XII, situada no pobo de Saa, na parroquia de Cadoalla. A principal diferencia entre as dúas fotos é o corredor que na actualidade non está pola decisión dun antigo cura de vendelo xunto coas valiosas tallas dos santos; grazas á solidaridade dos veciños, que fixeron unha colecta, foi posible repoñer as tallas. Ademais como se ve na foto, aumentou a vexetación, botouse grava e reformouse o chan con pedra.

No mapa
42.8627246, -7.1640036
Concello, Comarca ou Provincia

Cruce da carretera de Sarria: hoxe/antano

TEXTO: ELISA/NOELIA. O cruce está situado ó principio do pobo vindo de Lugo. Á dereita das imaxes sae a carretera de Sarria e con distintas sinais indicativas hoxe e antes. Na foto antiga vese que a carretera de Sarria tiña adoquín. A primeira casa da esquerda vese que cambiou as fiestras e que o encalado das paredes perdeu a cor. Á dereita, na foto actual vese  que se fíxo un edificio de vivendas por diante da casa que ocupa o primeiro plano na foto antiga, a palleira do Xixo, que permanece igual.

No mapa
42.8567159, -7.1657296
Concello, Comarca ou Provincia
The website encountered an unexpected error. Please try again later.