Lobios

Concello Lobios

Lobios

Lobios é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Baixa Limia, situado na Raia Seca, na fronteira entre Galicia e Portugal.

Casa do Concello

Estrada de Portugal, 27. 32870 Lobios (Ourense) Teléfono 988-448000 / Fax 988-448014 correo-e lobios@lobios.org

Datos 2019

Alcaldesa Carmen Yáñez, María del (PP)

2019 Censo: 1732 Superficie (km2) 168.4 Entidades de poboación 42

Galipedia

Web do concello

Galería de imaxes de Lobios

Concello, Comarca ou Provincia

Mansio Aquis Originis. Restos Casa Romana

Nas proximidades do balneario de Lobios pódese acceder a unha pista que transcorre sobre a plataforma da antiga Vía XVIII, a Vía Nova, construída polos romanos baixo a dinastía flavia no século I. Enlazaba Bracara Augusta (Braga -Portugal), con Asturica Augusta (Astorga). Cada 20 ou 25 millas, distancia que se podía percorrer nunha xornada, os romanos construían as “mansio”, lugares de descanso e cambio de caballerías. Aquis Originis é a primeira destas pousadas en terras galegas, a segunda desde Braga, e Aquis Querquernis a segunda. Neste xacemento diferéncianse dous ambientes, un termal e outro habitacional. A parte correspondente ás cortes dos cabalos está por excavar.

http://www.rtve.es/noticias/20120316/via-nova-calzada-romana-contemporanea-del-coliseo-roma/507804.shtml

Mansio Aquis Originis. Restos Casa Romana 32895 Lobios, Ourense

Galipedia 

Termas romanas Aquis Originis

 

Agradecemento a Xeila Álvarez, guía do balneario de Lobios, pola autorización para publicar o seguinte vídeo. 

Concello, Comarca ou Provincia