Vigo
Oficina de Turismo de Vigo
Oficina de Turismo de Vigo
Estación Marítima de Ría (interior)
correo-e turismodevigo@vigo.org
Vigo
36202 ( Pontevedra)

Oficina de Turismo de Galicia en Vigo
Oficina de Turismo de Galicia en Vigo
Calle Cánovas del Castillo, nº 22
correo-e cii.oficinaturismo.vigo@xunta.es
Vigo
36202 ( Pontevedra)

Museo do Mar
O Museo do Mar de Galicia é un centro cultural e científico dedicado ao mar, inaugurado en xuño do 2002 situado na Punta do Muíño, na parroquia viguesa de Alcabre
O Museo do Mar de Galicia está emprazado na vella fábrica de conservas Alcabre-Molino de Viento (1887) en Vigo. A renovación da obra arquitectónica é encargada nun primeiro momento a equipa de Aldo Rossi e César Portela; unha vez finado Rossi, as obras rematan no ano 2002, baixo a dirección e a revisión do proxecto orixinal a cargo de César Portela. O edificio resultante mestura vangarda e tradición, formado por un conxunto de cinco naves rehabilitadas, un edificio de nova construción tamén de cinco naves, e a prolongación dun peirao preexistente onde se empraza un acuario e un faro.
Fai un percorrido detallado da evolución da industria pesqueira galega: pesca, conservación e comercialización de moluscos, sardiña e pescada. Outra parte do museo mostra a pesca en xeral e as condicións oceanográficas e biolóxicas que explican a distribución das especies. Está construído nun contorno natural, que integra edificios e espazos ó aire libre abertos ó mar.
Avda. Atlántida, 160 36208 Vigo (Pontevedra)
Museo Anfaco
O museo xorde pola iniciativa da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados e Mariscos (Anfaco) que decide, co gallo da celebración do centenario da asociación no ano 2004 e co obxectivo de impulsar a promoción e divulgación do sector transformador dos produtos do mar, crear este centro museístico para amosar os principais fitos históricos que caracterizaron o nacemento do sector empresarial conserveiro.
Museo Anfaco da Industria Conserveira (Museos de Galicia)
Ctra. Colexio Universitario, nº 16 36310 Vigo (Pontevedra)
Fundación Laxeiro
A Fundación Laxeiro foi constituida en Vigo en 1999 para custodiar, conservar e difundir a colección que o pintor Xosé Otero Abeledo, Laxeiro (1908-1996) doou á cidade de Vigo. Formada por sesenta e catro obras, moitas delas auténticas xoias da arte galega do século XX, a colección permanente posibilita un completo percorrido pola traxectoria profesional de Laxeiro, quen é unha das figuras máis representativas do Movemento Renovador da pintura galega.
Fundación Laxeiro (Museos de Galicia)
Casa das Artes - Fundación Laxeiro (Galipedia)
Rúa Policarpo Sánz, nº 15 36202 Vigo (Pontevedra)
Concello de Vigo
Vigo é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica.
Casa do Concello
Praza do Rei, 1. 36202 Vigo (Pontevedra) Teléfono 986-810100 / Fax 986-810217 correo-e alcaldia@vigo.org
Datos 2019
Alcalde Caballero Álvarez, Abel Ramón (PSOE)
2019 Censo: 293642 Superficie (km2) 109.1 Entidades de poboación 301
Galipedia
Web do concello
