Mapa por concello e tipo
Ruta dos Muíños do Río Loña
Pena Abaladoira (O Cadramón)
Alfoz
Desde Ferreira do Valadouro pola estrada LU-P-0101, ao pé da subida ao Cadramón, atópase o indicador que sinala a ruta que leva á Pena Abaladoira. Tamén se pode acceder desde Castrodouro (Alfoz).
A pena abaladoira é un gran bolo granítico de 4 m x4 m x5 m cun peso aproximado de 20 toneladas. Posúe coviñas e posibles restos de ter esculpida unha “bicha”, serpe xigante con cabeza humana.
Na antigüidade foi lugar de culto e rituais, e atribúense distintos poderes sanatorios e máxicos segundo varias lendas, que van desde cura de verrugas co sangue dos animais que sobre ela se sacrificaban, rituais de fertilidade e mesmo, dependendo de si se movía ou non, determinaba a inocencia ou culpabilidade dos reos, práctica presente ata o século XIII.
IES Fernando Blanco de Lema
O IES Fernando Blanco de Lema
Museo Fernando Blanco de Lema
O centro está situado no edificio coñecido como antiga Escola de Nenas, no centro da vila de Cee, erixido pola Fundación Fernando Blanco de Lema no soar da vella casa do seu mecenas.
Colección Fernando Blanco de Lema (Museos de Galicia)
Fernando Blanco de Lema (Galipedia)
Conxunto do instrumental e material didáctico do vello Colexio de Cee (fundado por Fernando Blanco de Lema a finais do XIX), distribuídos nunha sección de física e química (con aparatos de medida, mecánica, acústica etc.), agricultura, xeografía e unha sección de historia natural (con mostras animais, cunchas, minerais e fósiles). Á marxe deste material propio, inclúe cadros (Madrazo, Carreño), gravados e diversas pezas de ourivaría.
Praza da Constitución, nº 25 15270 Cee (A Coruña)
preto Praza do Esquecemento
Ruta Botánica do Pazo Museo de Arxeriz
Algunhas prantas medicinais e outras que poderás contemplar aquí:
Igrexa Parroquial de San Pedro de Berdoias
Pazo de Arxeriz
Castro de Arxeriz
Rectoral de Castillón
Rectoral de Castillón é o nome que recibe un pazo do século XVIII que recibiu a igrexa por doazón dos seus donos e que actualmente está dedicada ao turismo rural. Coidadosamente restaurada, conta con 15 000 metros cadrados con capela, xardín, pombal, estanque, horta e bodega.