Mapa por concello e tipo
Dolmen de Abuime
Lugar coñecido como Campo das Mámoas. Parroquia de Santa María de Abuime (O Saviñao-Lugo).
Anta de Abuime (patrimonio)
Situado no Campo das Mámoas, pero sen a cuberta de vexetación, terra e pedra miúda, nin a pedra horizontal característica destas construcións, atópanse seis ortostatos graníticos dunha altura de case dous metros que circundaban un espazo de tres metros de diámetro.
Sinalización do camiño ata o dolmen, despois de deixar a estrada na aldea de Abuime.
Igrexa da Parroquia de Escairón
Dolmen de Pedra Cuberta
O dólmen de Pedra Cuberta fica no concelho de Vimianzo, na Galiza.
15129 Vimianzo (A Coruña)
Porto de Burela
A costa galega posúe unha extensión aproximada de 1.720 km, dos cales uns 800 km son de cantís e 300 km de praias; ao longo de toda ela distribúense 128 portos.
O porto de Burela, que chegou a ser o segundo porto pesqueiro do cantábrico, despois do de Bermeo, iniciouse na Idade Media e ata o século XVIII como porto baleeiro. No s. XX aséntanse as bases do porto actual, que foi construído en varias fases. De feito o segundo martelo realizouse no 2020.
A flota pesqueira diminuíu considerablemente. A principios do 2019 constaba de 77 embarcacións, das cales 5 faenan no caladoiro internacional, 20 no comunitario e 52 no nacional. As especies que predominan son a pescada e o bonito.
O dique de abrigo ten máis de 1100 m e ten encostado un dos peiraos, o outro está en paralelo, “mar por medio”. Ademais da actividade pesqueira tamén se dedica á actividade comercial, especialmente carga de madeira e á construción e mantemento de embarcacións, no estaleiro e varadoiro.