TEXTO E EDICIÓN: JAVI GALLARDO / SAMARA
O edificio vello do IES foi construido a principios dos oitenta e estudaban Bacharelato varios centos de alumnos; actualmente estudamos nel os alumnos de 4º de ESO E 1º E 2º DE de BAC; tamén acolle a bilbioteca e o comedor. Na imaxe actual asoma unha pequena parte do novo edificio, no que estudan o resto de cursos. O edificio novo inagurouse en 1992. Observando a foto actual, na esquerda, detrás do instituto, vese o Colexio, que antigamente non estaba. Na foto antiga, que pode verse no despacho do director, só vemos o que agora se coñece como edificio vello; a valla abranguía máis espazo; na foto actual vemos a pasarela e parte do novo edificio.

FOTO: JAVI GALLARDO /SAMARA. O terreo do instituto reduciuse para facer a carretera ó colexio; o aparcamento ten cuberta.

FOTO: CEDIDA IES DE BECERREÁ. Esta foto é dos oitenta; entón era habitual suspender as clases por nevadas. Apréciase que á esquerda non estaban nin a carretera nin o colexio.