Praza Alfredo Brañas, s/n 36630 Cambados (Pontevedra)
Pazo de Fajardo: O pazo atópase no n.º 11 da praza do Rollo, con fachada posterior á rúa Infantes. Aínda que é de propiedade privada pódese apreciar desde calquera destas dúas localizacións. As orixes do inmoble remóntanse ao século XVII. Segundo despréndese da súa árbore xenealóxica, as orixes desta casa están relacionadas coas familias de Acuña Malvar e Fajardo. O derradeiro dono da casa por liña herditaria foi Xulio Ricoy e Rodríguez Fajardo, de quen a adquiriu, entre 1914 e 1918, o avogado de cambados Juan Salgado, cuxos herdeiros habítano na actualidade.
No mapa
Concello, Comarca ou Provincia
Tipoloxía






