Mapa por concello e tipo

Escolles Concello, Comarca ou Provincia

Vista aérea do Pico Sacro

O pico está nas coordenadas 42.8071, -8.44686. As que poñemos aquí son as do avión. En: http://www.waymarking.com/waymarks/WM1BCR_O_Pico_Sacro_Boqueixn_A_Corua

O Pico Sacro é un monte puntiagudo, coa cima de cuarzo, unha sima, unha falla apreciable, cargado de lendas e desde o que se domina o val do Ulla. Cunha elevación de 533 m sobre o nivel do mar, presenta unha forma cónica e aguda que remata nun cume de cuarzo. Próxima á cima atópase a Capela de San Sebastián. Onde se atopa o vértice estivo a Fortaleza de Montesagro. O Pico Sacro é rico en lendas e sonlle atribuídas certas virtudes curativas relacionadas coas enfermidades óseas. Tivo un protagonismo especial na tradición xacobea, en relación ao traslado do cadáver do Apóstolo Santiago a terras de Compostela. Na cima ten un corte vertical de 2 m de ancho e 6 m de altura (rúa da Raíña Lupa) que permite pasar da vertente sur á norte sen necesidade de subir ao cume. A lenda popular di que este corte na roca de cuarzo foi feito pola espada dun titán, que estaría a pelexar con outro xigante nas proximidades da cidade da Coruña. Tamén ten unha pequena sima, O Burato dos Mouros, con dúas entradas comunicadas nas que non é aconsellable penetrar xa que hai un gran desnivel e é moi perigoso.

Concello, Comarca ou Provincia