A Carta Xeométrica de Galicia de Domingo Fontán introduciu de modo inequívoco a Galicia nas vantaxes do uso da ciencia na vida cotiá dun país. Por primeira vez tiñamos un exemplo de como o uso masivo das matemáticas daba por resultado un mapa fiable do país. Feito ademais, por un só home.
Para dar unha idea da precisión con que foi elaborada xa é posible localizar a túa casa no mapa de Domingo Fontán.
A Xunta incorpora a Carta Xeométrica ao seu visor de información xeográfica, elaborado polo Instituto de Estudos do Territorio
Xa é posible ubicar a situación aproximada da nosa casa, a praza do noso concello ou calquera outro lugar da xeografía galega no mapa que hai agora 200 anos comezou a elaborar o matemático Domingo Fontán. O visor xeográfico do Instituto de Estudos do Territorio, dependente da Xunta, ofrece desde hai varias semanas a posibilidade de empregar o mapa de Fontán como mapa de fondo para explorar o territorio galego.
Para facer a búsqueda, hai que entrar desde o noso navegador na dirección do visor (http://mapas.xunta.es/visores/basico/) e seleccionar na barra de ferramentas da dereita o mapa que imos empregar como fondo, tal e como podemos ver nesta imaxe:
Pódese seleccionar a Carta Xeométrica como mapa de fondo e buscar un enderezo concreto. (de Gciencia)
Pero nos queremos, o noso obxectivo é, aplicar a ciencia e a tecnoloxía actual ao territorio de Galicia cartografiándoa de modo que non por un só home, senón por moitos galegos construamos un mapa do territorio pero non só xeográfico senón de índole diversa: cultural, histórico, lingüístico, toponímico (como unha nova demostración da orixe galega dos celtas, a maioría dos topónimos non latinos de Galicia falan celta- e iso a pesar de milleiros de anticeltistas profesionais creados nas Facultades galegas-) literario, matemático, biolóxico, xeolóxico, paisaxístico, artístico, medioambiental, ecolóxico, de recursos tradicionais, industrial, tecnolóxico, do patrimonio, forestal, turístico, das praias e dos camiños (como os de Santiago ou de San André de Teixido), etc
Con que medios? Comezamos cunha única aplicación que iremos renovando progresivamente coa experiencia que iremos acumulando novacarta.apk Podes baixala ao PC e instalala no móbil se é Android.
Haberá premios que iremos detallando sucesivamente e que entregaremos no día da Ciencia en Galego 2017 aos que máis e mellores datos xeolocalizados fagan, incluíndo fotografías, vídeos e sons:
App novacarta.apk (Pódela descargar ao teu PC. Despois só tes que copialo á memoria do teu teléfono co cable USB, e ejecutalo pulsando sobre el para que se instale no teu móbil. Lembra que antes de isto primeiro debes activar a instalación de fontes descoñecidas no teu celular. Podes atopar como facelo neste artígo . Ademais, se non funciona ao recibilo como adxunto nun correo ou ao realizar o anterior, lembra ir a Ajustes > Seguridad no teu móbil e alí asegurarse de marcar a casiña que di: Fuentes Desconocidas – Permitir la instalación de aplicaciones de orígenes distintos a Play Store. Ou algo parecido (segundo a marca). Aínda segues sen telo instalado? Baixa o arquivo ao teu PC e fai un borrador no sistema de correo que tes no PC e no móbil (pero desde o PC) e adxúntalle ese arquivo novacarta.apk. Faille clic desde o móbil a ese adxunto do borrador para instalalo.
Versión 1.01 de novacarta. Cando varie a versión podes borrar a anterior e subir a nova. Nesta corrixidouse o erro de presentar datos privados.
Novas nos xornais:
- Un matemático en el torreón de los monjes
- En el Monte Tahume, pistas sobre el método de trabajo de Fontán
- Viaje al centro de Galicia: la tercera ruta de Fontán
- En el Val do Ulla, un gran diferencial del mapa de Galicia
http://blogs.lavozdegalicia.es/mapafontan/
http://blogs.lavozdegalicia.es/olallasanchez/tag/domingo-fontan/
Posiblemente Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña. Se eres unha empresa que quere colaborar financiando o proxecto, ou un centro ou unha persoa que quere financialo ou ben enviando xeolocalizacións con datos especiais (imaxina un conto do lugar, unha foto antiga escaneada, un conto ou unha poesía que creaches, unha descrición dun episiodo histórico, científico ou literario, un texto con fotos sobre as píntigas no Bermés, sobre os lugares onde se cantaron "sediábanme as ondas que grandes son"). Neses casos ou semellantes cubre a ficha de "Faite colaborador". En todas as aportacións figurará o autor ou a autora.
Con máis de duascentas aportacións de xeolocalización solicitarásevos que melloresdes e revisedes as vosas aportacións entrando na base de datos mellorando ou ampliando os vosos datos. Teredes estatus de colaboradores permanentes.
Lembramos que un dos obxectivos é o educativo. Como din en rotadoromanico.com, en Portugal,
Serviço Educativo
Sensibilizar os cidadãos para a temática do património histórico, arquitetónico, cultural e paisagístico, despertando-os para a importância da preservação dos seus recursos, constitui um relevante elemento de integração, educação e formação das populações.
Nesse sentido, a Rota do Românico pretende, através do seu Serviço Educativo, assumir-se como um instrumento fundamental para a definição e realização de um amplo e contínuo projeto de educação patrimonial, capaz de difundir e valorizar o extenso legado histórico deste território.
Consideramos que o envolvimento da comunidade de uma forma interativa, através de atividades lúdicas e pedagógicas em contexto educativo, cultural e social, reforça o interesse pela história e pelo património local, promove o orgulho pelo passado e contribui para o desenvolvimento de novos saberes e competências.