Museos e coleccións visitables

Museo Histórico de Sargadelos

Galego

English

Castellano

Français

Deutsch

Portugués

Italiano

Casa da Administración, s/n 27891 Cervo (Lugo)

Museo Histórico de Sargadelos (Cervo)

Recolle pezas relacionadas coa evolución histórica das Reais Fábricas de Sargadelos –, industria siderúrxica creada a finais do XVIII e transformada a primeiros do XIX en fábrica de louza, ata desaparecer en 1875- sen esquece-la historia industrial galega máis destacada. Mostra antigas pezas de cerámica, útiles da fundición e os moldes orixinais, no que foi a casa da administración daquela fábrica.

Museos de Galicia

As Reais Fábricas de Sargadelos son declaradas conxunto histórico artístico en 1972. Estas fábricas foron nos seus inicios a primeira siderurxia integral de España, creadas polo Marqués de Sargadelos, Antonio Raimúndez Ibáñez, a finais do século XVIII. Dela saíron armas e municións para a Armada Española, e obxectos civís, convivindo no século XIX cunha innovadora fábrica de louza que introduciu en España formas e decoracións ata entón ligadas ás pezas de orixe inglesa. A producción das Reais Fábricas cesou no ano 1875.

Do antigo conxunto consérvanse restos dos altos fornos, da presa e do canle, convertidos no fermoso paseo dos namorados, o Pazo do Marqués, así como o edificio que alberga o museo, a Casa da Administración. Tanto o museo, no que se pode contemplar a evolución na producción das Reais Fábricas de Sargadelos, como o resto do conxunto supoñen un percorrido pola historia industrial galega máis sobresaínte.

Concello, Comarca ou Provincia

Museo Nacional de Ciencia y Tecnología (Muncyt)

Galego

English

Castellano

Français

Deutsch

Portugués

Italiano

Plaza del Museo Nacional, nº 1 15011 A Coruña (A Coruña)

www.muncyt.es
Praza do Museo Nacional, 1
15011 A Coruña
Tlf. 900100134
infomuseo@muncyt.es

Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía

Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (Muncyt)

Dependente da Secretaría de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación do Ministerio de Economía e Competitividade, xestionado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) e dirixido, hai tempo, por Ramón Núñez Centella.

Muncyt (en museos de Galicia)

Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (Muncyt)

 
 

O Muncyt ten varias sedes. O 4 de maio de 2012 os Príncipes de Asturias inauguraron a sede coruñesa no edificio Prisma de Cristal. O edificio foi proxectado por  Victoria Acivro e Anxo Alonso. O que externamente é un cubo de vidro sorprende ao penetrar no seu interior, revelando a existencia de dous edificios nun. Unha enorme árbore de formigón alberga os servizos do museo (oficinas, biblioteca, salón de actos, aula de restauración, talleres), mentres que o espazo entre o exterior desta árbore e o cubo de vidro define unhas salas de exposicións que contan con diversas alturas e configuracións, coa particularidade de que cada sala pode contemplarse dende distintas perspectivas.

O museo conta con diferentes espazos expositivos, que fan posible exhibir pezas de gran volume, como a parte dianteira e o tren de aterraxe do Boeing 747 que trouxo o Guernica a España, doado por Iberia, ou a montaxe do primeiro acelerador de partículas deseñado e construído na Xunta de Enerxía Nuclear cara a 1957.

 

Concello, Comarca ou Provincia

Museo Juanjo Liñares

Museo Juanjo Liñares

O Museo Juanjo Liñares é unha mostra de traxes situada na vila de Ordes, inaugurado en xaneiro de 2010 co legado deixado por Juanjo Liñares. O museo consta de máis de 1.000 traxes de distintas orixes aínda que simultaneamente só se expoñen uns 300. Ademais, hai mostras doutras coleccións do artista como coleccións de cruces ou castañolas. O seu director é o ex-alcalde de Ordes Manuel Viqueira Verea.

Web do museo

 

Concello, Comarca ou Provincia