Petróglifo/Estación de arte rupestre
Petróglifos de Pena Furada
Petróglifos da Pena Furada (Figueiras, Coirós)
A Moura da Pena Furada: No mes de setembro de 2011 saltou á prensa o descubrimento dun relevo dunha muller realizado por Antón Fernández Malde a principios dos noventa do pasado século, achado que publicara no Anuario Brigantino no 1993 e no que xa abría a posibilidade de que o conxunto se tratara dun santuario no que destaca a figura dunha muller espida que mostra un desproporcionado sexo e coñecida dende vello polos veciños co nome de A Moura. Despois dunha primeira intervención, revelouse que non se trata dun tema illado, senón que forma parte dun complexo santuario datado entre os últimos séculos antes de Cristo e os primeiros da era cristiana que nos amosa o sistema simbólico e relixioso dos pobos galaicos, antes e durante a romanización. Ata o de agora, o coñecemento sobre estes pobos limitábase case ás aras romanas pero non abundan as representacións figurativas dos seus deuses nin este tipo de estruturas arquitectónicas. Unha das novidades é o control sobre a incidencia que a luz solar ten no conxunto e as conexións astrais que plantexa. A figura da Moura é probablemente unha deusa da fertilidade, ubicada nun podio, na parte máis elevada do complexo, que se amosa con toda claridade cara ao mediodía, en contraste co outro antropomorfo, pode que masculino, que é máis visible cara o ocaso. Coa axuda dun arqueoastrónomo comprobou que un muro onde hai unha marca, medieval ou romana, está perfectamente aliñado co equinoccio de primavera. Mais resulta aínda máis emocionante o descubrimento durante o equinoccio de outono; entón o sol cádrase de forma perfecta coa moura, iluminando ademais outra figura antropomorfa moi pequena que se atopa nunha das portas de acceso, a uns quince metros da moura. Segundo Malde non é unha casualidade que a vulva do baixorrelevo sexa irradiada polo sol na súa máxima intensidade durante o equinoccio de primavera, momento do ano ancestralmente celebrado por festas e rituais, nin que a estrutura xeral do santuario, que se desenvolve nun eixo norte-sur, estea orientada ao oeste, relacionado co mundo do Máis Alá. Detrás do podio construíuse un pequeno habitáculo, a modo de balcón con vista ao Monte do Gato. Unha das cuestións a dilucidar é ata cando se utilizou o recinto. O investigador cre que xa coa cristianización consolidada continuou a ser un referente para os habitantes do lugar. De feito, a igrexa de Santa María de Lesa, a menos dun quilómetro, está adicada a unha mártir galaico-romana con reminiscencias de A Moura, xa que se lle atribúe unha extraordinaria fecundidade, ao ter parido nove fillos á vez.
Petróglifos de Outeiro do Cribo
Parroquia: Santa María de Armenteira
Lugar: O Busto Petróglifos circulares, cervos e un labirinto
Petróglifos de Torreiro
Grupo de Arqueoloxía da Terra de Trasancos
https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/petroglifos-vilarmaior-11238895
http://anuariobrigantino.betanzos.net/Ab1999PDF/1999%20021_034.PDF
http://anuariobrigantino.betanzos.net/Ab2009PDF/2009%20011_030%20TOPOS.pdf
Petróglifos de Montañés
Petróglifos de Súa Lomba
Petróglifos de Calvela
Petroglifos de Pena Ferrada
San Estevo de Vilamor (Toques) /Santiago de Vilouriz (Toques)
Pódense ver dous podomorfos xunto a unha cazoleta na chamada Pena Ferrada, un afloramento de gneis coñecido tamén como ollo de sapo.
Pena Ferrada atópase no paso por Toques do Camiño Primitivo de Santiago, no que se considera un tramo da vía XIX de Antonino.
Asociadas aos petroglifos subsisten na zona varias lendas, desde a que atribúe o nome da Pena ao cabalo branco de Santiago que deixou a súa pegada de ferro impresa na rocha, pasando pola que conta que a as pegadas corresponden ao cabalo dun peregrimo que ía a Santiago, ou mesmo ás pegadas da burra que levaba á Virxe polo camino.
Concello de Vilarmaior e ruta dos petróglifos
Vilarmaior é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos.
Casa do Concello
Armada, 1. 15637 Vilarmaior (A Coruña) Teléfono 981-781709 / Fax 981-781754 correo-e correo@vilarmaior.es
Datos 2019
Alcalde Vázquez Quintián, Carlos (PP)
2019 Censo: 1231 Superficie (km2) 30.3 Entidades de poboación 94
Galipedia
Web do concello
Petróglifos de Mogor
Galería de imaxes de petróglifos de Mogor
Os Petróglifos de Mogor, coñecidos popularmente como Labirintos de Mogor son unha estación rupestre situada no lugar de Monte, na parroquia de Mogor, no concello de Marín, provincia de Pontevedra.
Marín (Pontevedra)
En 2022