Escultura

Estación Marítima e Monumento á emigración

Monumento deseñado por Ramón Conde que representa a un home, a piques de embarcar, coa súa familia a uns metros del, despedíndose. A obra representa un feito dramático na historia de Galicia, a emigración. O conxunto escultórico, realizado en bronce, foi inaugurado en 2011. A ubicación deste monumento non é casual xa que este era o punto desde o que partiron moitos galegos rumbo a América a mediados do s. XIX . As necesidades da época obrigaron a moitas familias a separarse e emigrar en busca de novas oportunidades. Segundo as palabras do propio autor a obra “reflexa ao emigrante cargado de ansia e de forza que vai á loita descoñecida, á muller que se queda ao cargo da educación do fillo e ao neno que é a imaxe da esperanza”. Curiosamente, o conxunto escultórico recibe hoxe en día a miles de cruceristas que desembarcan no Porto de Vigo para visitar a cidade, moitos deles son descendentes daqueles que partiron anos atrás para “facer as américas”.

Concello, Comarca ou Provincia

Monumento ao Traballo

Os mariñeiros de Ramón Conde na Gran Vía

 

O Monumento ao traballo é o gran monumento de Vigo: fala do seu orgullo como cidade industrial, da súa xente traballadora, do seu vínculo co mar… A escultura de Os Redeiros, como se coñece comunmente, é unha dos nosos sinais de identidade. Esta obra de Ramón Conde, é un dos monumentos máis rechamantes de Vigo, tanto polo seu tamaño como pola representación épica dos 7 mariñeiros que tiran dunha rede para sacar os peixes do mar.

Instalada a comezo da Gran Vía, unha das principais rúas da cidade, este gran monumento vigués rende homenaxe ás duras vidas dos traballadores do mar desde os seus 8,50 m de alto e os seus 3 m de longo.

 

Concello, Comarca ou Provincia