Conxunto histórico artístico

Parroquia de Proendos

Proendos

Proendos, Sober

Santa María de Proendos é unha parroquia do concello de Sober, na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo.

Esta parroquia ten una grande relevancia arqueolóxica, pola importancia en cantidade e calidade dos petróglifos que xa ten inventariados -aos que se dedica un punto a parte- e polos restos romanos que afloran e que se constataron mediante xeorradar no 2019. Tamén se suman os de época medieval e posterior.

De un entramado urbano complexo na parroquia. A igrexa está edificada sobre restos da época romana pero detéctase unha vila romana, que se data desde o século III a. C. ata finais IV-principios V d. C.,  restos aprox. en 1 km de extensión que abarcarían desde Proendos, ata as casas de Vilastrille e a calzada de Pedride. Orograficamente esta é unha planicie un pouco elevada.

Preto da igrexa de Proendos, o estudo de Vázquez Seijas sobre unhas catas arqueolóxicas, delimita unha zona onde se pensa que había un hipocausto.

Proendos, Sober

Tríscele en Proendos

Necrópole medieval de Proendos

 

1 Restos de tégulas romanas

 

2 casas

 

3 Bimbastro para sacar auga do pozo

Trátase dun artiluxio de construción moi sinxela, de funcionamento moi simple e que permite subir unha considerable cantidade de auga cun mínimo esforzo.

En realidade é unha panca para extraer auga, cun contrapeso nun extremo e unha corda ou cadea no outro, onde se engancha o caldeiro.

https://gl.wikipedia.org/wiki/Camb%C3%B3n

 

 

4 árbores e vexetación autóctona

 

 

Concello, Comarca ou Provincia