Conxunto singular
Parroquia de Proendos
Proendos
Santa María de Proendos é unha parroquia do concello de Sober, na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo.
Esta parroquia ten una grande relevancia arqueolóxica, pola importancia en cantidade e calidade dos petróglifos que xa ten inventariados -aos que se dedica un punto a parte- e polos restos romanos que afloran e que se constataron mediante xeorradar no 2019. Tamén se suman os de época medieval e posterior.
De un entramado urbano complexo na parroquia. A igrexa está edificada sobre restos da época romana pero detéctase unha vila romana, que se data desde o século III a. C. ata finais IV-principios V d. C., restos aprox. en 1 km de extensión que abarcarían desde Proendos, ata as casas de Vilastrille e a calzada de Pedride. Orograficamente esta é unha planicie un pouco elevada.
Preto da igrexa de Proendos, o estudo de Vázquez Seijas sobre unhas catas arqueolóxicas, delimita unha zona onde se pensa que había un hipocausto.
Necrópole medieval de Proendos
1 Restos de tégulas romanas
2 casas
3 Bimbastro para sacar auga do pozo
Trátase dun artiluxio de construción moi sinxela, de funcionamento moi simple e que permite subir unha considerable cantidade de auga cun mínimo esforzo.
En realidade é unha panca para extraer auga, cun contrapeso nun extremo e unha corda ou cadea no outro, onde se engancha o caldeiro.
https://gl.wikipedia.org/wiki/Camb%C3%B3n
4 árbores e vexetación autóctona
Bretoña
Santa María de Bretoña é unha parroquia do concello lugués da Pastoriza na comarca da Terra Chá.
Esta igrexa suponse sucesora do “mosteiro de Máximo”, un lugar mencionado no Parroquial Suevo (século VI) como sé do bispado de Britonia -capital das terras dos bretóns, celtas que dos séculos IV ao VI recalaron nelas fuxindo de Britannia-. A igrexa actual conserva varias pedras da anterior edificación, como a cabeza do anxo sobre a porta de acceso á torre do campanario.
Britonia contou con Maeloc como bispo influinte do que se rexistra a súa asistencia ao Concilio de Braga no 572, tamén se considera afamado caudillo nas loitas contra os viquingos.
A sé episcopal trasladouse a Mondoñedo, no século VIII, a causa da destrución de Bretoña e do mosteiro de Máximo polas invasións musulmanas.
As fondas raíces celtas son reivindicadas en Bretoña cada ano desde hai un tempo coa celebración do Lugnasad.
Horreos e contorno de Pobra de Burón
Barrio de Rinlo
Ribadeo (Lugo)