Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro
Monte do Castro
Monte do Castro ou Castro de Lameán de Arriba, Leiro (Ribadumia)
Do Século -V ao século I Miradoiro sobre o val final do Río Umia. Acrópolis de forma elíptica con eixes de 126x98 metros. Nos tres sectores de excavación de 2011 atoparonse resultados diferentes. Entre eles, un forno de fundición, casas circulares, e unha zona de almacenaxe.
Castro de Toiriz
Castro de Toiriz (Silleda)
Do século IV a.C. ao século I d.C. Ampla visualización do val do río Toxa. Parapeto de 5 m. de altura e un foso de 7 a 10 m. de ancho. Non excavado. O seu uso actual coma parque.
Alto da Cruz do Castro
Castro da Alto da Cruz do Castro ou Castro de Carballedo (Cerdedo-Cotobade)
No Castro da Cruz atopouse un pendente de ouro(no Museo de Pontevedra), e preto do poboado atopáronse restos dunha vila romana[3]. Na parte norte ten un parapeto de 2m de altura e restos da muralla. Cunha cruz na cima, e un muíño de vento contemporáneo. Miradoiro natural onde se ve o val medio baixo do Lérez.
Castro de Donón
Castro da Cabeciña ou Castelo Fariño
Castro da Cabeciña ou Castelo Fariño (Mougás, Oia)
Cheo de petroglifos e gravados rupestres. Ocupado na Idade do bronce (sec X-VIII aC). Despois volve ocuparse e fortificarse desde o VIII a.C ao século I . Ver costadoscastros.com
Castro do Coto de Penalba
Castro do Coto de Penalba ou de San Antonio, O campo (Campo Lameiro)
Contén a Pedra da Serpe. Castro do Bronce Final, cun muro de mampostería de granito. Hai unha capela de San Antón do século XVIII.
Castrolandín
Castrolandín (Cuntis)
Século IV a.C. ao I d.C.
De forma ovoide, cun parapeto nunha muralla e fosos. En proceso de escavación.