Conxunto de vivendas (Cascos históricos, barrios, aldeas)
Salgueiro
Conxunto etnográfico do Páramo en Castroverde
Edificio Impulso Verde no Barrio máis ecolóxico de España
Casa de Bao: hoxe e antano
EDICIÓN: ÁLVARO POY / DIEGO MÉNDEZ. TEXTO: ELISA/ NOELIA / YOLANDA/ CARMIÑA.
Esta casa atópase ao lado esquerdo da Praza da Fonte dos Caños. Tivo varias reformas estéticas, especialmente na galería e unha nova pintura. Polos anos setenta a casa chegou albergar catro negocios, ademais da vivenda. Eran unha reloxería chamada "Puga", unha librería, unha guardicionería (onde se encargaban de facer instrumentos con coiro e vendelo), e os "Almacenes González" que aínda se mantén aínda que noutra ubicación. Coñecemos a historia da man do noso profesor Antón Bao, relacionado por familia coa casa.
A Casa de Bao é una das máis caracterísitcas do pobo, na praza da Fonte dos Caños.
FOTO: ELISA PARDO MERLÁN E NOELIA LÓPEZ POY. A curiosa galería volada facendo esquina é unha das modificacións que se aprecian observando as dúas fotos.
Cruce da carretera de Sarria: hoxe/antano
TEXTO: ELISA/NOELIA. O cruce está situado ó principio do pobo vindo de Lugo. Á dereita das imaxes sae a carretera de Sarria e con distintas sinais indicativas hoxe e antes. Na foto antiga vese que a carretera de Sarria tiña adoquín. A primeira casa da esquerda vese que cambiou as fiestras e que o encalado das paredes perdeu a cor. Á dereita, na foto actual vese que se fíxo un edificio de vivendas por diante da casa que ocupa o primeiro plano na foto antiga, a palleira do Xixo, que permanece igual. A vista xeral é moi similar en ambas fotografías, sen embargo o skyline está moi modificado pola construción de edificios novos que ocultan as montañas de fondo que se ven na foto antiga e que tapan tamén a igrexia, da que só se ve un poco de campanario.
FOTO: ELISA/NOELIA . Na década dos setenta os edificios eleváronse para modificar o skyline de Becerreá.
FOTO: COLECIÓN CONCELLO. O campanario da igrexa destacaba no ceo de Becerreá, e dende o cruce había vistas ás montañas.
Bar Eslavín: hoxe/antano
TEXTO: As fotos son da rúa Carlos III ou carretera xeneral, que ten un aspecto moi diferente tras uns oitenta anos. O edificio Eslavín, que na foto antiga atópase en primerio plano, consérvase prácticamente igual; sempre foi un local de hostalaría e actualmente non está habitado: os últimos inquilinos pecharon o bar no 2014 ó finalizar o arrendamento. Na foto vella asoma a parte traseira ou ábside da igrexa -tapada na nova polos edificios que están a cada lado do Eslavín. A igrexa non tiña todavía o campanario, construído na segunda metade dos anos 50. Na beirarrúa esquerda, hai un solar na foto antiga, que na actual ocupa o edificio do Bar Vilela. A beirarrúa dereita está sen edificar e non ten pavemento.
FOTO: FRAN RUÍZ. Na foto actual destacan o edificio do Banco Pastor con ladrillo á vista, que impide ver a igrexa; e o Bar Vilela, que antano era un solar. A beirarrúa dereita está totalmente edificada.
FOTO: COLECIÓN CONCELLO. Esta foto pode ter uns 70-80 anos. Os primeiros propietarios da casa Eslavín compraron o solar para facer o edificio no ano 1931, con vistas a trasladar un negocio de hostalaría situado rúa abaixo. Asoma o ábside da igrexa, reconstruída na postguerra, pero inda non tiña campanario.
Curva da Fonda Lobato: hoxe/antano
TEXTO: FRAN/CHAO/SANTÍN
As fotos amosan o cruce da rúa Eulogio Rosón coa Avenida de Madrid ou Carlos III. Á esquerda, en primeiro plano, na foto antiga vese a Fonda Lobato. Enfrente, apréciase o cartel de Entrecanales e Távora , a empresa que construíu a nova variante da carretera nacional (que se ve na foto actual). Onde está o cartel da construtora, xa fora demolido o Bar Serrano. A beirarrúa da esquerda segue tendo prácticamente os mesmos edificios, excepto os dous primeiros, onde están Mapfre e Artcares. Do outro lado, apréciase na foto vella o antigo cuartel da Garda Civil, que hoxe é un parque. O fondo, o emblemático Bar Correos.
FOTO:FRAN/CHAO/SANTÍN. O novo trazado da carretera, de principios dos oitenta, transformou o cruce.
FOTO: COLECIÓN CONCELLO. A curva da Fonda Lobato era un punto negro no centro do pobo.