Galego

English

Castellano

Français

Deutsch

Portugués

Italiano

Foz (Lugo)

A costa de Foz podemos considerala costa en sumersión, como pon de manifesto a propia existencia das rías e o avance erosivo do mar sobre a liña de costa, pero tamén en emersión, a propia presenza da rasa é un trazo inequívoco de emersión recente. Con estas características a ría de Foz está sometida a procesos de recheo con areas e gravas procedentes da erosión mariña dos acantilados, constituídos neste tramo do Cantábrico por lousas e cuarcitas, con algúns niveis carbonatados do Paleozoico inferior. A actividade pesqueira foi a principal actividade nesta costa e a ría era unha área abrigada onde se podían guarecer as embarcacións na invernía. O aumento de calado das embarcacións e os procesos de colmatación do canal de marea e o seu desprazamento constitúen unha problemática mesmo para expertos mariñeiros, convertendo as entradas e saídas do porto en navegación perigosa. O intento de fixar a canle de navegación levou á construción de espigóns, como o que serve de asento ao faro de entrada da ría. Máis recente é o paseo de Laredo que, á súa vez, é un novo espigón que parte do faro e remata cunha baliza.

No mapa

Faro do Espigón de Foz

Concello, Comarca ou Provincia
Tipoloxía