Galego

English

Castellano

Français

Deutsch

Portugués

Italiano

27122 Castroverde (Lugo)

Vilabade, Castroverde

Igrexa de Santa María de Vilabade (Patrimonio)

A igrexa parroquial de Vilabade, coñecida popularmente como a "Catedral de Castroverde" pola súa grandiosidade, constitúe un exemplo de estilo gótico do século XV en Galicia, pero tamén conta con elementos do barroco e destaca especialmente o seu pórtico de cinco arcos de estilo renacentista.

Pertenceu a un antigo mosteiro franciscano coñecido na Alta Idade Media e que atendía aos peregrinos do Camiño Primitivo de Santiago, pero foi ampliado e reformado en varias ocasións.

Foi declarada monumento histórico-artístico de carácter nacional, o 16 de novembre de 1979,​ na actualidade conta co estatus de Ben de Interese Cultural.

Ao seu lado atópase o Pazo de Vilabade, edificio do século XIV reedificado en 1760 polos descendentes da familia Osorio.

Entre os dos edificios, forman un atractivo conxunto monumental, único en Galicia.

Documéntase a fundación en 1457, pero considérase que se realizou sobre unha anterior do século XIII, promovida por Fernando de Castro, irmán do II Conde de Lemos; no frontón triangular da fachada destaca o escudo dos Osorio.

 

No mapa

Igrexa Parroquial de Santa María de Vilabade

Igrexa Parroquial de Santa María de Vilabade

Concello, Comarca ou Provincia
Tipoloxía