Galego

English

Castellano

Français

Deutsch

Portugués

Italiano

Ponte de Ferro 27780 Foz (Lugo)

A orixe do topónimo de Fazouro, onde se atopa este enclave, procedería de "Foz Ouro", indicando a súa situación na desembocadura do río Ouro, rio documentado na Idade Media como Aurio, cuxo orixe toponímico, estudado por Bascuas e outros autores, sería prerromana e estaría na raíz hidronímica paleoeuropea “ awer- fluír”. Non créndose probable a interpretación doutros autores, que relacionaron este topónimo co latín aureum, "de ouro", "dourado".

A área recreativa A Pampillosa, a carón do río Ouro, ten dúas zonas diferenciadas, unha entre a ponte de ferro (hoxe substituída por unha de aceiro) e a ponte da estrada xeral, con mesas e instalacións para nenos, e a outra na propia desembocadura e que dá acceso á praia da Pampillosa, con amplo aparcamento, e con mesas e instalacións para facer grelladas.

No mapa

Ponte do Ferro - Praia Pampillosa

Ponte do Ferro - Praia Pampillosa

Concello, Comarca ou Provincia
Tipoloxía