Premios

Submitted by admin on Xov, 05/18/2017 - 10:32

Aínda que o 99,9% das fotografías e traballos arredor de novacarta en 2017 teñen a firma de Manuel Diaz Regueiro e Inés Ben González, como nós somos os convocantes, imos falar dos colaboradores premiados:

O IES de Becerreá e a súa profesora Fernanda que comezou a colaborar 2 semanas antes de que finalizase o prazo 2017, aprendeu a xeolocalizar, a escribir en drupal, a introducir imaxes e texto de modo que fixo un traballo autónomo encomiable e que é visible seleccionando concello="Becerreá". Traballo dos alumnos citados, organizado pola profesora e incluso inserido pola mesma profesora. Parabéns! Levan 2 revistas da Luz de Premio, pero darémoslle máis, seguro.

CPI Tino Grandío de Guntín e a súa profesora Amparo. Parabéns! Levan 2 revistas da Luz de Premio.

IES de Verín Recibiron 5 revistas da Luz de premio pola súa ampla colaboración ata maio 2017. Nese tempo foron os únicos participantes, Parabéns!

O IES Menéndez Pidal e a súa profesora Paz Freire recibiron revistas e un premio de cen euros (Colaboradores da provincia de A Coruña).

Ao profesor  da USC Fernando Redondo unha revista da Luz polas súas colaboracións, particularmente as fotos do Fuciño do Porco son preciosas.

E a Paula Montecelo tamén  unha revista polas súas colaboracións en Ourense, embalse Belesar, e castro de Baroña e moitas outras