Baixa a App Novacarta

Submitted byadmin onQui, 05/18/2017 - 02:12

Podes descargar a App novacarta.apk ao teu pc e despois só tes que conseguir que apareza nun correo do teu mobil ou copialo a memoria do teu telefono co cable usb e executalo pulsando sobre el para que se instale no teu mobil. Lembra que antes de isto primeiro debes activar a instalacion de fontes descoñecidas no teu celular. Como? se non funciona ao recibilo como adxunto nun correo ou ao realizar o anterior lembra ir a ajustes seguridad no teu mobil e ali asegurarse de marcar a casiña que di fuentes desconocidas permitir la instalacion de aplicaciones de origenes distintos a play store ou algo parecido segundo (depende de) a marca. Se ainda segues sen telo instalado o outro metodo baixa o arquivo ao teu pc e fai un borrador no sistema de correo que tes no pc e no mobil pero desde o pc e adxuntalle ese arquivo novacarta.apk faille clic desde o mobil a ese adxunto do borrador para instalalo

Estamos na version 1.01 de novacarta cando varie a version podes borrar a anterior e subir a nova. Nesta corrixiuse o erro de presentar datos privados.

novacarta.apk Para descargar a App pincha no enlace anterior. Ou ben enriba do enlace dálle a botón dereito e despois a gardar como.... Despois le o minimanual

Habera premios que iremos detallando sucesivamente e que entregaremos no dia da ciencia en galego 2017 aos que mais e mellores datos xeolocalizados fagan incluindo fotografias videos e sons.

Como alternativa cada centro pode pedir unha entrada como colaborador de novacarta no centro para que poida introducir directamente o texto e as imaxes en novacarta de todas as persoas (alumnado e profesorado ou pais e nais) que desexen participar. Así será máis fácil a introdución manual directa da/s foto/s e dos textos. Deberás ter a man a xeolocalización (apuntada, por exemplo ou utilizando unha nova versión de nova carta que poñeremos pronto aquí, que garda no móbil as xeolocalizacións, ou aínda poñendo o móbil ou tablet en modo con xeolocalización. As fotos virán con eses datos xa incorporados e poderás lelos á hora de poñelos na web coa xeolocalización).