Lugo
Xulio César mira a muralla de Lugo
O mellor mural do mundo feito por Diego As
'Julio César', del artista Diego As, ha sido elegido como el mejor mural del mundo de 2021 por Street Art Cities.
El mejor mural del mundo está en Lugo (según Street Art Cities)
Exposición sobre Afonso X o Sabio
Na antiga Capela de Santa María. Agora Sala de Exposicións Capela de Santa María. En Xaneiro de 2022
Cegoñas no Camiño
As cegoñas vense ao pinchar nas fotos e aumentar. Están no Camiño de Santiago de Lugo ata preto de Santa Eulalia de Bóveda.
Interior de Santa Eulalia de Bóveda Romana
Se prefires ver a Igrexa e o exterior está en Igrexa de Santalla de Bóveda
Muíños do Curro
Edificio Impulso Verde no Barrio máis ecolóxico de España
Aula Natureza O Veral
Monumento a Paco Martín
O Monumento a Paco Martín está desleixado, abandoado, e pretende ser unha pedra Rosseta para que no futuro se saiba como era o galego...
Imposible de descifrar. No mapa non saben nin que existe.
Pero sabemos que quere dicir e o dicimos:
"Eiquí, onde é o Lugo noso, onde nacín e onde aínda nazo algo cada día, soubémonos sempre viaxeiros ás portas dun vello camiño fadado, dun vieiro antigo que foi, se cadra demasiadas veces, camiño de ida, camiño de marchar lonxe sen a certeza dun retorno desexado.
Por ese sendeiro andei eu a carretar todos estes anos o espello cativo da miña escrita coa pretensión de volverlles algo do que sempre fora de seu a aqueles que eiquí quixeron concederme o don prodixioso da fala nosa."
Grazas, Paco
Círculo lítico en Crecente ou bo sitio para comer no Mesón
Na imaxe vense ata 10 pezas de pedra plana formando uha especie de círculo lítico adaptado a cerrar unha leira ou prado. A casa é unha casa de comidas en Crecente (Lugo) e contén ainda máis pedras planas xigantes nas terras próximas á casa