Sober

Petróglifos en Proendos

Conxunto de petróglifos de Sober
No municipio de Sober téñense xa catalogados máis de corenta conxuntos de grabados prehistóricos.  En Proendos hai oito grupos de petroglifos que son fácilmente accesibles.
Móstranse a continuación os que se atopan nas fincas a carón da igrexa de Proendos, entre eles os conxuntos denominados Xestal I e II.

http://www.concellodesober.com/historia.php

Petróglifos Pena do Xestal I

Petróglifos Pena do Xestal II

Petróglifos próximos

---

Concello, Comarca ou Provincia

Parroquia de Proendos

Proendos

Proendos, Sober

Santa María de Proendos é unha parroquia do concello de Sober, na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo.

Esta parroquia ten una grande relevancia arqueolóxica, pola importancia en cantidade e calidade dos petróglifos que xa ten inventariados -aos que se dedica un punto a parte- e polos restos romanos que afloran e que se constataron mediante xeorradar no 2019. Tamén se suman os de época medieval e posterior.

De un entramado urbano complexo na parroquia. A igrexa está edificada sobre restos da época romana pero detéctase unha vila romana, que se data desde o século III a. C. ata finais IV-principios V d. C.,  restos aprox. en 1 km de extensión que abarcarían desde Proendos, ata as casas de Vilastrille e a calzada de Pedride. Orograficamente esta é unha planicie un pouco elevada.

Preto da igrexa de Proendos, o estudo de Vázquez Seijas sobre unhas catas arqueolóxicas, delimita unha zona onde se pensa que había un hipocausto.

Proendos, Sober

Tríscele en Proendos

Necrópole medieval de Proendos

 

1 Restos de tégulas romanas

 

2 casas

 

3 Bimbastro para sacar auga do pozo

Trátase dun artiluxio de construción moi sinxela, de funcionamento moi simple e que permite subir unha considerable cantidade de auga cun mínimo esforzo.

En realidade é unha panca para extraer auga, cun contrapeso nun extremo e unha corda ou cadea no outro, onde se engancha o caldeiro.

https://gl.wikipedia.org/wiki/Camb%C3%B3n

 

 

4 árbores e vexetación autóctona

 

 

Concello, Comarca ou Provincia

Concello Sober

Sober

Sober é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Terra de Lemos e parte da Ribeira Sacra.

Casa do Concello

Praza do Concello, s/n. 27460 Sober (Lugo) Teléfono 982-460001 / Fax 982-460002 correo-e info@concellodesober.com,, alcaldia@concellodesober.com

Datos 2019

Alcalde Fernández Guitián, Luis (PP)

2019 Censo: 2301 Superficie (km2) 133.3 Entidades de poboación 207

Galipedia

Web do concello

Concello, Comarca ou Provincia