Taboada

Concello Taboada

Taboada

Taboada é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Chantada e á Ribeira Sacra.

Casa do Concello

Praza do Xeneral Muinelo, s/n. 27550 Taboada (Lugo) Teléfono 982-465301 / Fax 982-465089 correo-e concello.taboada@eidolocal.es

Datos 2019

Alcalde Moure Ansoar, Ramiro (PP)

2019 Censo: 2830 Superficie (km2) 146.7 Entidades de poboación 184

Galipedia

Web do concello

Concello, Comarca ou Provincia

Capela de San Roque

Esta é unha capela incrible, que debe ter forzas misteriosas e precristianas nela. Porque? Porque hai xente que a teme dunha maneira esaxerada e a rodeou con moitas cruces de granito xigantescas que fotografiamos. Así que o notable non é a Capela en sí senón as defensas en forma de cruces xigantescas que produce nalgunhas persoas.

Concello, Comarca ou Provincia

Igrexa Parroquial Santa Mª de Taboada dos Freires

Galego

English

Castellano

Français

Deutsch

Portugués

Italiano

27555 Taboada (Lugo)

Igrexa de Santa María de Taboada dos Freires

Igrexa construída en 1190. A orde dos templarios encargaría a construción da igrexa ao mestre Paio e nunha concordia de 1244 aínda aparece mencionada como propiedade da orde. Na base do tímpano áchase a datación do templo, "ERA M CC XX VIII", correspondente ao ano 1190.

Na parte superior, en texto arqueado ao redor da escena, figura PELAGIUS : MAGISTER FEQ(u)I : JOHAN(n)NE NOTUIT, que sinala a Paio como Mestre e a Juan que realizou a inscrición. Na parte inferior hai dúas liñas, comezado a ler pola última e partindo da dereita, tradúcese por No nome de Noso Señor Xesucristo. En honor de Santa María... O ... consagraron os monxes este templo

As figuras do tímpano representan a Sansón dominando ao león e tamén a cruz templaria, cruz con escudo, que representa os dous oficios da orde, o relixioso e o militar; ao igual que a cruz de Santiago representa nun só símbolo a cruz e a espada.

Sobre o piñón da nova cabeceira foi recolocada a cruz antefixa que foi trasladada e non está na posición correcta

Concello, Comarca ou Provincia