Folgoso do Courel

Miradoiro de Mostaz

De este outro lado temos calcáreas. polo tanto tivemos unha clara correlación entre o tipo de rocha e a vexetación que desenvolve.

Neste lugar hai un hundimento, un oco, que é onde imos ir agora. É un afundimento de unha sima; as simas, loxicamente, en terreos calcáreos. Polo tanto está confirmado, ese contacto que se intue pola vexetación, é a sua vez un contacto entre duas litoloxías claramente moi diferenciadas.

Aquí hai unha senda, que nos leva a zona do Val onde hai un antigo acueducto romano. aqui encontraron os romanos ouro.
Por aqui estaría Romeor. Xusto na cabeceira. E noutro lado Mllares.

Agora imos ver se o mapa xeolóxico nos da a razón ou non. Imos ver a panorámica, cal como a estamos vendo nos, mirando cara o sur. Vedes a falla esta, pois esta falla é xusto o contacto. O que vedes así en cor carne, serían as lousas e as cuarcitas, e o verde este con bandas brancas serian lousas con intercalacións calcareas, que é o material que temos de ese outro lado. enton a súa vez ese contacto e un contacto mecánico, por unha falla, non é un contacto progresivo. As rochas de aquí son do precambrico (teñen máis de 560 millons de anos)  e estos teñen en torno aos 500 millons de nos. Hai un salto no tempo. Non é progresivo.
Os contactos que temos aqui entre cores son progresivos; o tempo xeolóxico vai pasando e as formacións xeolóxicas cambian; pero aquí non, aquí é unha estructura xeolóxica, unha falla, que nos pon en contacto dous materiais de duas idades diferentes e a súa vez dous materiales que na paisaxe se ven diferentes polo cambio da vexetación.

Temos que pensar que a falla vai entre dimensións , vai facendo a forma do relevo, non está cortado por unha linea perfecta, senón que adivíñase como se fose unha V, porque o val ten forma de V. Esta é a falla, un plano, se despois se forma un val, loxicamente, o val, vai ser a forma na que se integra. é como se a ti che fan un corte e queda ca forma do teu corpo.

Gran parte do acueducto está subterraneo.

Nótase o cambio do verde, vese un verde máis oscuro e un verde máis claro.

Esta formación son niveis calcáreos, con lousas polo medio, entón os terreos en Galicia, como teñen moita sílice, son terreos un pouco ácidos de máis para a vexetación. Entón hai unha mestura de carbonato que lle da una maior neutralidade ao terreo.

Estamos.... Millares.... aquí, neste punto, dentro de esta unidade de verde que son o que chamamos Lousas de Cándana. As rochas que forman parte da zona alta de este colapso son lousas, lousas de esa formación.

Hai uns niveis brancos en esta zona verde, que serían os niveis de calcárea. Esto con respecto á súa localización.

Temos a superficie do terreo, imaxinemos, aquí temos a falla que stá do outro lado, e aquí temos esas lousas e cuarcitas. E despois teriamos unha formación aquí (vou pintar en verde) donde teriamos esas cuarcitas e lou- sas, pero a maiores (que vou pintalo en azul) teriamos as calcáreas en forma de lentellons, e decir as calcareas se poden acuñar así.  E o resto serían cuarcitas e lousas.

Nos niveis calcáreos é donde se vai producir un fenómeno que se coñece co nome de ?¿Cas?¿, que é a disolución das rochas calcáreas.
porque se produce?¿ a auga de por si, da zoa, non e capaz de disolver as rochas calcáreas, as molla como cal- quer outra. pero cando a auga das nubes chega a superficie, no camiño se atopa coa atmósfera, e na atmosfe- ra, a parte de osixéno e nitroxeno temos CO2. E o CO2 en contacto coa auga se convirte en ácido carbónico, e o ácido carbónico si que é capaz de disolver a rocha calcárea. E o resultado é unha paisaxe característica, que alguns elementos, a maiores, veremos en outras paradas.
Un deles é a dolina, que daría lugar a unha sima, que sería este caso. a que se debe? neste caso a unha disolución dos materiais en profundidade. no caso noso, a auga se infiltra no terreo e nas cuarcitas e lousas non pasa nada, pero nas rochas calcareas si, entón a auga empeza a actuar en eses niveis e chega a actuar en esas zonas. Nós non estamos vendo calcáreas, estamos vendo cuarcitas e lousas, aquí, esta auga que se infiltra vai empezando (porque esto é impermeable, a auga so vai moverse por aquí, é unha canle) a crearse un rio
subterraneo, un oco, unha galeria, que en un momento dado, esa galería pode ter un gran tamaño. se pouco a pouco esto, de algunha maneira, o poder errosivo vai actuando, e a disolución tamén esto comeza a colapsar parte do teito e enton a nosa cabidade se vai ir facendo cada vez maior e nun momento dado está tan próxi- mo a superficie que o terreo colapsa e entón é donde non vemos as calcáreas pero están ahi abaixo.
A maiores, vemos que entre as placas de lousa e a superficie hai como unha capa que parece solo, non é solo, ten anacos de rocha, a maior parte deles orientados a favor da pendente. en verde estamos vendo unha serie de materiais na parte de arriba, eso que son? son colubións, depositos de ladeira, son depositos por efecto da gravidade e neles e donde a vexetación empeza a enraizar e empeza a crear un solo, e eso loxicamente e un material moi inestable.
os inxeneiros cando fixeron a autovia a8 no Fiouco, se atoparon con ese problema, os colubións. O colubión, parece que non se move e non fai nada, pero coa auga, como ten arxila tende a movilizarse pendende abaixo.  De feito nas árbores, nas que son dun crecemento lento, vemos que os seus troncos tenden a realizar una rectación, porque como o solo colubión ten mobilidade, no tempo biolóxico do crecemento de esa árbore vai quedando rexistrado.  A árbore que tende, á verticalidade, enton vai reaxustando ese movemento do solo donde está asentado, enton para contrarrestar, se debe esa curvatura. E unha evidencia de que todo esto se está movendo sobre todo en inverno, porque o terreo ao ter arxila e máis plastico e se moviliza por efecto da gravidade.

Na a8, os estudios xeolóxicos, que normalmente se van a medias, fixeron unha sondaxe e empezaron a ver canto colubión había, fixeron a cimentación. Se ti fas unha cimentación sobre un colubión, que non chegues ao firme, loxicamente aquelo se vai seguir movendo. enton tiveronse que facer moitas modificacións e mjuros de contención, que produciron o sobrecuste. por non facer un estudio en condicións para estimar a potencia real de ese colubión. O colubión e un deposito recente un deposito de ladeira por gravidade donde tes fragmentos de rochas; que todos eles están flotando nunha arxila.

Case todas as ladeiras das montañas están formadas de colubións, sobre todo con esta pendiente que temos aquí.
No tramo do AVE Madrid-Barcelona, en Calatayud, tamén tiveron afundimentos pero porque eran xesos. o xeso e un mineral que de algunha maneira tamén sufre unha disolución. eles utilizan o xeoradar, que debilita poquedades que haxa no subsolo antes de facer unha obra. Así podeds estimar donde facer os trazados .

No AVE en Pajares, eses túneles drenan máis auga que os propios rios que hai na cunca da vertente de Asturias. Hai tal presión que xenera a auga na rocha que e o que se chaman as gobelas, que son as bóvedas esas de formigón se fracturaban coa presión que estaban sometidas coa auga. Asturias, como Galicia, é unha zona moi fracturada, entón a parte dos problemas coa auga, tiveron moitos problemas nas perforacións.
unha tuneladora, funciona mellor en pedra dura que en branda. cando se encontra cunha zona de fractura a maquina queda atascada, hai que sacala, traballar de forma manual, volver a colocar a tuneladora e seguir avanzando.

Tiveron tamén un problema no tunel de Burata, antes de entrar na cidade de Ourense, se encontraron xabre que e un granito areizado e ali xa tiveron que abortar o tema da tuneladora e demorouse un ano, case dous.
 

Concello, Comarca ou Provincia

Carbedo

Dende aquí vese unha banda de calcáreas. Tanto por arriba de esta banda temos cuarcitas e lousas pero ahi a pesar de que   calcáreas, e ese é o indicador, se vemos aciñeiras xa temos que pensar en calcáreas.

Concello, Comarca ou Provincia

Alto do Couto

Imaxinémonos que estamos no Cámbrico fai mais de 550 millons de anos, no fondo do mar. estas calcáreas se forman nun ambiente semellante aos arrecifes que temos ao día de hoxe. zona con pouca profundidade de auga donde vivian diferentes organismos que xeran uns depositos calcáreos. A consecuencia de esos depositos se forma a Calcárea de Vegadeo. As capas de rocha agora están así, e dicir hacia a esquerda das imaxes  vamos a materiais antigos e cara a dereita das imaxes imos a materiais máis modernos. enton agora ao irnos desprazando cara adereita, están pasando cousas que sucederon a posteriori do arrecife, porque o arrecife é o primeiro, o punto de partida. Despois sucede o contacto entre calcáreas e o seguinte material, que material e?  para estimar entón que pasou depois, que pasou, porque desapareceu ese arrecife. houbo un cambio no planeta de algún xeito que fixo cambiar o ambiente de formación das rochas.

Son arxilas e fango. estamos en este arrecife, que ten que pasar para que se deposite arxila e fango encima do arrecife subeu o nivel do mar e a profundidade aumentou e o fango. Veu da erosión do continente que tiveran ali ao lado. por eso ahi temos ese cambio. Antes estaba así e agora pregouse e está así, enton imos cambiando hacia materiais xoves. Aqui estaban os arrecifes e aquí o fango, pregouse e agora o temos así.

Como vedes siguen sendo lousas, un pouco máis compactadas pero... eso pode ser un efecto da erosión posterior, que lle afecta máis a uns niveis que a outros. Temos tamén o tema co cambio de cor, vedes que alí é máis ocre e por aquí é máis vermello e despois ocre, aquí hai unha repetición e iso se debe a que o noso nivel do mar sigue aumentando. esta cor máis avermellada nos indicaría a presencia de oxidos de ferro, eses oxidos de ferro, en xeral, se depositan en lugares a maior profundidade. Entón dende a esquerda á dereita, iria aumentando progresivamente o nivel do mar. e despois a que se debe o cambio?¿ a que baixa outra vez o nivel do mar e por eso cambia a cor da rocha. porque o contenido en ferro, dado que a profundidade non é a mesma, volve a haber unha repetición do patrón anterior, e volve a aumentar de novo, volve outra vez a vermello. Así é que hai dous aumentos e duas baixadas do nivel do mar de forma sistemática.


Mirade que temos a continuación das nosas areas, lousas moi escuras máis grises (indica condicións de moita profundidade). Ou sexa que, así como o mar en ese momento, baixou moito, de repente subiu moito e deu lugar xa a unhas lousas que ao ser negras, case negras, indicaría moita materia orgánica. estamos a falar de que,  ao mellor nese lugar, había entre 400 e 500 metros de profundidade, fronte a aqueles outros niveis que podían chegar no mellor dos casos aos 100 metros. Así que vemos aquí, en este corte de nada, cambios no nivel do mar moi bruscos nun periodo de tempo moi curto. e todo simplemente lendo as follas de este libro que é este corte. O que estamos facendo e lendo páxinas. o noso libro abrimolo alí e aquí estamos pechándoo e lendo todo o que queda rexistrado e vendo os eventos polo tipo de material e pola coloración. que nosaxuda a poder interpretar estos procesos de fai millons de anos. Fai 350 millons de anos donde se formou esa super cordilleira no choque de esos dous continentes.  O resto foise erosionando? en realidade xa pasou por duas erosións, o pregamento que formou a cordilleira se orosiona por completo na época dos dinosaurios, e despois se reaxusta no alpino que o que fai que os bloques suban e baixen e fai que todas estas montañas se eleven. polo tanto se están erosionando xa por duas veces. a primeira a orixinal e esta segunda nese momento en bloques que fai que o Courel sexa unha montañas e non sexa unha chaira. senon esto estaría totalmente erosionado.  As montañas de fai 350 millons de anos superarian con creces os 9000 metros. As mais altas da historia que haxa rexistrado de forma recente no planeta.


En Lugo, hai granitos, os granitos son rochas que se enfrian a 15 kilometros de profundidade. agora están na superficie, falta algo, e ese algo son esas montañas.

E non se lle ocurreu a alguen que podría haber unha segunda razón?¿ e que non pasou tanto tempo xeolóxico para pasar máis cousas. Esto todo sucedeu en 500 millons de anos, o noso planeta ten 4600 millons de anos (insignificante). Non hai tempo para máis cousas. En 20 millons de nos vimos 4 cambios do nivel do mar significativos. Son cambios que foron rexistrados. É un periodo moi corto no que pasaron moitas cousas.

Aquí vemos que nos ultimos 140.000 da historia do planeta o nivel do mar simiplemente tivo esta tendencia de baixada, e agora comeza a subir de novo. Estamos falando de que o nivel do mar puido cambiar 50 metros. O tempo en xeoloxía é básico.

 

Concello, Comarca ou Provincia