Obxectivos e medios

A Carta Xeométrica de Galicia de Domingo Fontán introduciu de modo inequívoco a Galicia nas vantaxes do uso da ciencia na vida cotiá dun país. Por primeira vez tiñamos un exemplo de como o uso masivo das matemáticas daba por resultado un mapa fiable do país. Feito ademais, por un só home.

Para dar unha idea da precisión con que foi elaborada xa é posible localizar a túa casa no mapa de Domingo Fontán.

A Xunta incorpora a Carta Xeométrica ao seu visor de información xeográfica, elaborado polo Instituto de Estudos do Territorio

Baixa a App Novacarta

Submitted byadmin onThu, 05/18/2017 - 02:12

Podes descargar a App novacarta.apk ao teu pc e despois só tes que conseguir que apareza nun correo do teu mobil ou copialo a memoria do teu telefono co cable usb e executalo pulsando sobre el para que se instale no teu mobil. Lembra que antes de isto primeiro debes activar a instalacion de fontes descoñecidas no teu celular. Como?