Galego

English

Castellano

Français

Deutsch

Portugués

Italiano

Madalena, s/n 15319 Betanzos (A Coruña)

Capela da Madalena en Betanzos

Barrio e capela da Madalena
A  historia do barrio da Madalena (tamén chamado da Condomiña) é a historia do hospital de Lazaretos existente aquí dende a Idade Media. Disposto arredor do antigo camiño real e ben afastado das murallas da cidade, o Hospital era un auténtico "complexo" do que formaban parte a capela, a casa de lagar e as "casetas" dos leprosos e dos doentes das máis variadas enfermidades contaxiosas.
A capela conta cunha fábrica abovedada dunha soa nave e, no seu  interior, están presentes un interesante retablo, táboas dos evanxelistas (do século XVII) e un S. Lázaro.
Desde o século XVII hai alí unha fábrica de curtidos que funcionou ata preto de 1914.

No mapa

Capela da Madalena

Concello, Comarca ou Provincia
Tipoloxía