A capela de San Roque é do século XV aínda que con profundas reformas do século XVIII. Sábese que foi construida e dedicada a este santo avogoso de pestes e chagas para librarse das temidas enfermidades que asolaron Europa naquelas épocas.
Os cocos: (Son a parella de xigantes que se ve diante da capela de San Roque)
Os Cocos son un dos grandes símbolos de Ribadeo, calificados incluso como "a parella máis representativa" da poboación. Trátase de dous monecos de 3,50 metros de altura donados hai uns 150 años polo benefactor das fiestas do Carme (entón máis multitudinarias que as patronais) Xosé María iglesias e situados na pequena praza do santuario de San Roque, patrón de Ribadeo xunto con Santa María do Campo.Representan a un matrimonio que, ao dicir das xentes, existiu realmente e tivo unha importante repercusión na época, dado que él era un cargo importante e ela tiña amantes, poñéndolle os cornos, por iso os rizos na fronte do Coco. Feitos pola man de artesáns locais, Os Cocos teñen, á súa vez, estas sendas estatuas a eles dedicadas que os reproducen fielmente en metal, feitas por César Lombera, sitas na pequena praza da capela de San Roque.
 

No mapa

Capela de San Roque e Cocos de Ribadeo.

Capela de San Roque e Cocos de Ribadeo.

Concello, Comarca ou Provincia
Tipoloxía