Edificación de dúas plantas que aproveita ao máximo o espazo dispoñéndose sobre unha planta cuadrangular. A característica fundamental da fachada é a aparición das galerías e a utilización do ferro forxado para os balcóns da fronte, lucidos cunha capa de pintura negra. Na parte superior da cuberta levántase unha bufarda con tellado a dúas augas. Esta obra foi realizada a comezos de século por Rodolfo Ucha Piñeiro.
No mapa
Concello, Comarca ou Provincia
Tipoloxía