Museo de Arte Sacra das Clarisas de Monforte

Galego

English

Castellano

Français

Deutsch

Portugués

Italiano

Este museo de arte sacra, un dos máis importantes de Galicia, ocupa algunhas estancias do convento de Santa Clara de Monforte de Lemos, fundado no ano 1622 por Catarina de la Cerda y Sandoval, esposa de Pedro Fernández de Castro, VII Conde de Lemos, quen ao quedar viúva tomou os hábitos en dito mosteiro. Este mecenado cobra especial importancia, xa que a colección acolle parte do importante legado artístico que ámbolos dous doaron; magníficas pezas de pintura, escultura, marfís, téxtiles e obxectos suntuarios –especialmente relicarios- recollidos polos Condes de Lemos durante o seu virreinato en Nápoles entre os anos 1610 e 1616. 

Importante colección de obxectos de arte sacra, unha das máis importantes de España, con roupa litúrxica e variada ourivaría relixiosa, como relicarios. Entre os seus fondos destacan as estatuas de Cristo xacente e da Inmaculada, obras de Gregorio Fernández. Hai tamén unha reprodución da Piedade, de Michelangelo, que se atribúe ó seu taller.

Museo de Arte Sacra das Clarisas de Monforte (Museos de Galicia)

Información do museo na web do Concello de Monforte

Rúa Santa Clara, nº s/n 27400 Monforte de Lemos (Lugo)

Convento de Santa Clara

No mapa

Museo de Arte Sacra das Clarisas de Monforte

Museo de Arte Sacra das Clarisas de Monforte

Concello, Comarca ou Provincia