Monforte de Lemos

Claustro do Colexio-Mosteiro de Nosa Señora da Antiga

Claustro

O claustro é de estilo dórico-romano. A parte inferior está aberta e cuberta cunha bóveda con rosetóns nas interseccións dos nervios. O superior consta dunha galería pechada. Nos arcos centrais ten catro escudos: do Cardeal Rodrigo de Castro, Casa de Lemos, Casa de Alba e o das Escolas Pías.

 

 

Edificio

Museo

Escaleira

Igrexa

Claustro

Concello, Comarca ou Provincia

Igrexa do Mosteiro de Nosa Señora da Antiga

A igrexa

Está inspirada no Gesú de Roma. Ten  planta  de cruz latina  e cúpula de media laranxa, con lanterna no cruceiro. Nos catro apoios da cúpula hai catro anxos policromados que nunha man sosteñen o escudo do Cardeal ena outra o anagrama co nome de Jesús. Parte do seu deterioro débese a que foi afectada polo terremoto de Lisboa do ano 1755.

O retablo, presidido pola imaxe da Virxe da Antigua foi comezado polo  escultor gallego Francisco Moure e, á súa morte, rematado polo seu fillo.

Nosa Señora da Antiga (Patrimonio)

 

Edificio

Museo

Escaleira

Igrexa

Claustro

Concello, Comarca ou Provincia

Museo de Arte Sacra das Clarisas de Monforte

Galego

English

Castellano

Français

Deutsch

Portugués

Italiano

Este museo de arte sacra, un dos máis importantes de Galicia, ocupa algunhas estancias do convento de Santa Clara de Monforte de Lemos, fundado no ano 1622 por Catarina de la Cerda y Sandoval, esposa de Pedro Fernández de Castro, VII Conde de Lemos, quen ao quedar viúva tomou os hábitos en dito mosteiro. Este mecenado cobra especial importancia, xa que a colección acolle parte do importante legado artístico que ámbolos dous doaron; magníficas pezas de pintura, escultura, marfís, téxtiles e obxectos suntuarios –especialmente relicarios- recollidos polos Condes de Lemos durante o seu virreinato en Nápoles entre os anos 1610 e 1616. 

Importante colección de obxectos de arte sacra, unha das máis importantes de España, con roupa litúrxica e variada ourivaría relixiosa, como relicarios. Entre os seus fondos destacan as estatuas de Cristo xacente e da Inmaculada, obras de Gregorio Fernández. Hai tamén unha reprodución da Piedade, de Michelangelo, que se atribúe ó seu taller.

Museo de Arte Sacra das Clarisas de Monforte (Museos de Galicia)

Información do museo na web do Concello de Monforte

Rúa Santa Clara, nº s/n 27400 Monforte de Lemos (Lugo)

Convento de Santa Clara

Concello, Comarca ou Provincia

Concello de Monforte

Monforte de Lemos 

Monforte de Lemos é un concello galego situado ao sur da provincia de Lugo, capital da comarca da Terra de Lemos e da Ribeira Sacra. 


Casa do Concello

Campo de San Antonio, s/n. 27400 Monforte de Lemos (Lugo) Teléfono 982-402501 / Fax 982-404812 correo-e info@concellodemonforte.com

Datos 2019

Alcalde Tomé Roca, José (PSOE)

2019 Censo: 18599 Superficie (km2) 199.5 Entidades de poboación 232

Galipedia

Web do concello

 

 

Concello, Comarca ou Provincia