Antas de Ulla
Igrexa Parroquial de Santiago de Amoexa
27579 Antas de Ulla (Lugo)
Igrexa de Amoexa (Patrimonio)
Igrexa parroquial que presenta estrutura e elementos propios do románico clásico.
Na documentación atopada sempre se alude a este lugar como parroquia. No s. XIII, consta unha doazón de Dona Urraca Fdez. Ao bispado de Lugo de varias parroquias entre as que se cita Amoexa.
Estamos ante unha igrexa sinxela cunha única nave rectangular e unha única cabeceira semicircular, a ábsida.
Esta igrexa ten a particularidade da reutilización de elementos romanos, en concreto nas columnas do adro e aras do interior. O material das columnas é mármore, posiblemente do Incio, a canteira de mármore máis famosa de Galicia. Presenta canzorros laterais e posteriores con motivos xeométricos. Unha ábsida semicircular implica maior destreza técnica, polo que supón un maior poder adqusitivo para poder financiar un grupo de canteiros expertos. Tamén sobresae a zona absidal, tanto exterior como interiormente, no que se refire á riqueza decorativa. A xanela absidal está engalanada cun arco de medio punto sostido en columnas con capiteis profusamente decorados e co axadrezado, esa especie de dameiro que decora a chambrana. Tamén se enriquece con unha peza a modo de tímpano. As dúas columnas na parte esquerda e dereita da ábsida presentan a curiosidade de mesturar nos capiteis motivos vexetais cos antropomorfos., follas que sobresaen en flanquean unha cara. Na base da columna da esquerda están gravadas dúas figuras, unha delas semella un león a outra está máis deteriorada. Os leóns tiñan a consideración de animais protectores. Na outra columna aprécianse dúas aves agarrando unha cabeza, como se axudasen a que ascendera a alma ao ceo. Cando accedemos ao interior, na parte esquerda atópase a pía bautismal, tal como procede pois para entrar na igrexa debíase estar bautizado. Polas súas dimensións ben podería indicar que nela tivo lugar o ritual de bautismo por inmersión dos nenos. Á dereita atópase unha ara romana. As pinturas, do século XVI, están en mal estado de conservación. Detrás do retablo consérvase unha anunciación pero a única que se pode contemplar é a que podemos atopar nun lateral e que representa a escena da flaxelación. Capiteis cunha decoración complexa pois presenta moito calado, mesmo se podería pasar man por detrás algunha das pezas, e baleirar a pedra necesita pericia. Aprécianse, como no exterior pero con maior calidade, aves sostendo as almas. Na base hai cabeciñas, mesmo con tocado ou casco. Despois do arco triunfal que descansa nos capiteis, na cabeza da ábsida hai un retablo, moi coidado e con vivas cores, con Santiago peregrino na parte central.Igrexa Parroquial de Santiago de Amoexa
27579 Antas de Ulla (Lugo)
Igrexa de Amoexa (Patrimonio)
Igrexa parroquial que presenta estrutura e elementos propios do románico clásico.
Na documentación atopada sempre se alude a este lugar como parroquia. No s. XIII consta unha doazón de Dona Urraca Fdez. ao bispado de Lugo de varias parroquias entre as que se cita Amoexa.
Estamos ante unha igrexa sinxela con unha única nave rectangular e unha única cabeceira semicircular, a ábsida.
Esta igrexa ten a particularidade da reutilización de elementos romanos, en concreto en dúas das columnas do adro e pola presenza de aras no interior. O material das columnas é mármore, posiblemente do Incio, a canteira de mármore máis famosa de Galicia.
Presenta canzorros laterais e posteriores con motivos xeométricos.
Unha ábsida semicircular implica maior destreza técnica, polo que supón un maior poder adqusitivo para poder financiar un grupo de canteiros expertos. Tamén sobresae a zona absidal no que se refire á riqueza decorativa, tanto exterior como interiormente. A xanela absidal está engalanada cun arco de medio punto sostido en columnas con capiteis profusamente decorados e co axadrezado, esa especie de dameiro que decora a chambrana. Tamén se enriquece cunha peza a modo de tímpano.
As dúas columnas na parte esquerda e dereita da ábsida presentan a curiosidade de mesturar nos capiteis motivos vexetais cos antropomorfos, follas que sobresaen e flanquean unha cara. Na base da columna da esquerda están gravadas dúas figuras, unha delas semella un león a outra está máis deteriorada. Os leóns tiñan a consideración de animais protectores. Na outra columna aprécianse dúas aves agarrando unha cabeza, como se axudasen a que ascendera a alma ao ceo.
Cando accedemos ao interior, na parte esquerda atópase a pía bautismal tal como procede, pois para entrar na igrexa debíase estar bautizado. Polas súas dimensións ben podería indicar que nela tivo lugar o ritual de bautismo por inmersión dos nenos. Á dereita atópase a ara romana que podemos ver na imaxe que segue.
As pinturas, do século XVI, están en mal estado de conservación. Detrás do retablo consérvase unha anunciación pero a única que se pode contemplar é a que podemos atopar nun lateral e que representa a escena da flaxelación.
Capiteis cunha decoración complexa pois presenta moito calado de maneira que se podería pasar man por detrás algunha das pezas; baleirar a pedra necesita pericia. Aprécianse, como no exterior pero con maior calidade, aves sostendo as almas. Na base hai cabeciñas que semella que teñen tocado ou casco. Na cabeza da ábsida, despois do arco triunfal que descansa nos capiteis, hai un retablo moi coidado e con vivas cores, con Santiago peregrino na parte central.
Igrexa Parroquial de Santalla de Santiso
Igrexa Parroquial de Santalla de Árbol
Igrexa Parroquial de Santa Mariña de Amarante
27577 Antas de Ulla (Lugo)
Santa Mariña do Castro de Amarante, Antas de Ulla
A igrexa de orixe románica, data do século XII, e está asentada sobre o centro dun primitivo castro. O conxunto complétase cun cruceiro e un Vía Crucis, composto por 14 cruceiros, que se distribúen sobre unha das murallas do castro. No século XVI engadiuse a carón do presbiterio a capela-mausoleo dos condes de Torre Penela, cuxos brasóns figuran na fachada de acceso exterior á mesma.
O arco triunfal con dobre arquivolta de medio punto descansa sobre capiteis da construción orixinal que teñen unha esmerada decoración. Atribúese a obra ao Mestre Esteban, autor da fachada de Platerías da catedral de Santiago de Compostela. Nun dos capiteis destaca a figura dun músico ao que semellan estar escoitando as outras figuras e cabezas esculpidas nese e no outro capitel.
Desde o exterior, pero tamén desde o baptisterio, accédese á Capela-mausoleo dos condes. Posúe 3 arcosolios, en dous deles figuran as estatuas oferentes de Inés de Lemos Rivadeneira e Juan Vázquez Taboada, cos seus respectivos escudos, o dos Lemos cos 13 roeis e o dos Taboada coas táboas e os caldeiros. O terceiro arcosolio destinouse aos sucesivos propietarios do pazo.
O interior xeral da igrexa