15318 Abegondo (A Coruña)
Pazo dos Quiroga ou Torres de San Tirso. Este pazo atópase na Torre en Mabegondo. É un pazo de planta cadrada e de dous andares, cun patio interior, con dúas torres laterais contra a fachada de tres andares. As torres están telladas a catro augas e o resto do pazo a dúas. Posúe unha unha fachada barroca con parellas de columnas dóricas a modo de arco triunfal, con escudos en ambas torres e balcóns no piso intermedio. Loce escudos de armas dos Quiroga, Reimóndez, Capoa e Somoza nas dúas torres. Foi construído por Diego de Quiroga e Reimóndez, Cabaleiro da Orde de Santiago e capitán de infantería, no século XVII.[9]No mapa
Pazo de Quiroga O Tor. San Tirso
Pazo de Quiroga O Tor. San Tirso
Concello, Comarca ou Provincia
Tipoloxía





